Agriden a un home en O Ventorrillo, ingresado na UCI do CHUAC con prognóstico grave
A Policía Nacional investiga unha agresión a un home, no barrio coruñés de O Ventorrillo, que se atopa ingresado estable con prognóstico grave na UCI do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC).
Os feitos ocorreron onte domingo, ao redor das 21:30 horas, na rúa Mosteiro Bergondo. Todo apunta a unha agresión con arma branca.
Nos últimos tempos reproducíronse esta clase de agresións en toda Galicia, con episodios que van desde o menor apuñalado a semana pasada en Santiago até o asasinato dunha muller esta madrugada en Pontevedra.
A Policía Nacional investiga unha agresión a un home, no barrio coruñés de O Ventorrillo, que se atopa ingresado estable con prognóstico grave na UCI do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC).
Os feitos sucederon este domingo sobre as 21,30 horas, na rúa Mosteiro Bergondo. Ao lugar desprazáronse dotacións da Policía Nacional, que se atoparon a un home que sangraba e presentaba lesións cortantes.
Fontes consultadas por Europa Press aseguraron tamén que na zona onde se produciu o suceso había sangue, aínda que non puideron confirmar si a agresión fora cunha arma branca. Polo momento non hai ningún detido relacionado co caso e as forzas da orde tratan de esclarecer as causas.
Escribe o teu comentario