Aparece semiespido e sospeita de submisión química tras saír de festa cunhas amigas na Coruña

 O mozo foi atopado desorientado na área do Palacio da Ópera o domingo pola mañá e despois interpuxo unha denuncia ante a Policía Nacional, que investiga o caso.


|

Palacio de la u00d3pera en el centro de A Coruu00f1a
Palacio da Ópera no centro da Coruña

 

O relato do denunciante apunta a unha posible submisión química, aínda que as primeiras probas non foron capaz de atopar trazas deste tipo se sustancias. Isto non descarta a submisión química, pois certas sustancias tardan varias xornadas en dar positivo nas análises.

 

O mozo indicou que sospeita que alguén o drogó nalgún dos locais de lecer que visitou cun grupo de amigas o sábado pola noite na Coruña. Indicou tamén que podía ser vítima dun roubo, pois asegura que sacou diñeiro dun caixeiro automático até o punto de baleirar a súa conta. Admite que lembra meter el o PIN.

 

O afectado  presentou unha denuncia ante a Policía Nacional da Coruña tras aparecer semidesnudo e desorientado e sen diñeiro. A súa versión é que non lembra case nada do sucedido aquela noite nin por que non queda diñeiro na súa conta. A Policía Nacional investiga o caso e tomará declaración a algún acompañante nas próximas horas.

 

 

 



 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE