Falece o condutor dun tractor en Aranga ao envorcar co vehículo por un desnivel

Un home faleceu este xoves no municipio coruñés de Aranga tras sufrir un accidente co seu tractor. O vehículo envorcou e caeu por un desnivel no lugar de Mende.


|

Os feitos ocorreron ao redor das 11 horas, no lugar de Mende, no municipio coruñés de Aranga.

 

A pesar da cobertura dos equipos de emerxencias, ao chegar ao lugar do sucesos só puideron excarcerar o corpo sen vida do accidentado.

 

Tractor
Foto: Xunta.gal

 

Un home faleceu este xoves no municipio coruñés de Aranga tras sufrir un accidente co seu tractor. O vehículo envorcou e caeu por un desnivel no lugar de Mende.

Segundo informa o 112, sobre as 11,00 horas recibiron o aviso do 061 que, ao chegar ao lugar, atoparon o tractor envorcado nunha leira. Aínda que o acceso ao condutor era posible, --non se utilizaron os recursos de excarceración-- comprobaron que a persoa estaba xa falecida.

Igualmente pediuse a colaboración dos Bombeiros de Betanzos, así como dos axentes da Garda Civil e dos membros de o GES de Curtis.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE