​O PSdeG presenta unha emenda de devolución contra a polémica Lei de Saúde

|

Caravana coches area marinhaCaravana de protesta na Mariña.


O PSdeG buscará paralizar a tramitación da nova Lei de Saúde de Galicia coa presentación dunha emenda de totalidade ou devolución, é dicir, unha petición para que o texto non chegue a iniciar a súa tramitación parlamentaria e a Xunta volva presentar un texto distinto.


Aínda que o PPdeG ten maioría absoluta e, por tanto, forza suficiente para tramitar a lei de saúde, os socialistas, na mesma liña que a plataforma en defensa da sanidade pública --que aglutina a representantes de todo o ámbito sanitario, rexistraron esta emenda á totalidade na que esgrimen argumentos como que esta normativa "non foi obxecto de ningunha información, anuncio ou comunicación previa" a pesar da súa relevancia.


"Nin a centralización de servizos nin a redución de áreas sanitarias son unha boa noticia", manifestou este luns en rolda de prensa o portavoz parlamentario do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga, quen deu a coñecer esta emenda, pendente aínda de cando se debaterá. Ademais, o PSdeG atópase á espera do informe que lle solicitou ao Consello de Contas para coñecer o custo da normativa.


relacionada ​A Xunta aproba en plena ponte de decembro a reforma que reduce as áreas sanitarias
relacionada A Mariña segue loitando para manter a súa área sanitaria
relacionada SOS Sanidade Pública lanza a súa ofensiva contra a reforma da lei de saúde

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress