A Mariña segue loitando para manter a súa área sanitaria

|

Area sanitaria marinhaProtesta en Burela pola área sanitaria.

Burela foi o escenario este sábado dunha manifestación cidadá e da chegada dunha caravana de vehículos procedentes de Foz, Valadouro e San Cibrao, en protesta polo proxecto de modificación da Lei de Saúde de Galicia e a supresión da área sanitaria da Mariña.


Os organizadores, a 'Plataforma Sanitaria da Mariña', cifraron en 300 os vehículos que participaron nunha caravana que concluíu no porto de Burela.


Tras a chegada da denominada 'Caravana pola Sanidade Pública' celebrouse unha manifestación ante o centro de saúde de Burela na que, segundo os organizadores, participaron preto de mil persoas.


No manifesto ao que se lle deu lectura lembrouse a intención da Xunta de Galicia de eliminar a área Sanitaria da Mariña e denunciouse que a decisión se adoptaría "sen ter en conta a vontade popular e as peculiaridades da comarca", como a distancia ao hospital de segundo nivel e o número de habitantes, que "son por si mesmas máis que suficientes para xustificar unha área propia".


O acto concluíu cun chamamento aos veciños da Mariña a continuar coa mobilización social para esixirlle á Xunta a paralización da reforma da Lei de Saúde galega e a participar na mobilización convocada para o próximo 4 de febreiro en Santiago de Compostela.


relacionada A Mariña Lucense segue pelexando contra a supresión da súa área sanitaria
relacionada SOS Sanidade Pública lanza a súa ofensiva contra a reforma da lei de saúde
relacionada Novas caravanas de coches na Mariña contra o "baleirado" de servizos comarcais
relacionada ​A Xunta aproba en plena ponte de decembro a reforma que reduce as áreas sanitarias

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress