SOS Sanidade Pública lanza a súa ofensiva contra a reforma da lei de saúde

Promoverá mocións en todos os concellos da área sanitaria


|


Sanidade publica


A plataforma SOS Sanidade Publica de Pontevedra mostrou a súa rotunda oposición ao anteproxecto de reforma da Lei galega de saúde do ano 2008, e promoverá mocións en todos os concellos da área sanitaria pontevedresa.


Con esta proposta, a plataforma pretende solicitar á Consellería de Sanidade a paralización deste proxecto, que implica un importante recorte á sanidade pública en beneficio de empresas privadas, segundo defenderon, empeorando a calidade sanitaria e o seu alcance a todo o mundo.


O anteproxecto supoñería ademais eliminar áreas sanitarias como a do Salnés e prexudicar servizos de Atención Primaria, tal e como declarou o presidente da Federación de asociacións de veciños Castelao, Juan Loureiro. Pola súa banda, Anxo Recuncho, de SOS Sanidade Pública, defendeu que isto provocará, en consecuencia, a saturación dos servizos sanitarios urbanos e os seus correspondentes listas de espera.


A plataforma pide que se restitúan as xerencias de Atención Primaria e que llas dote de recursos, así como o consenso de todas as forzas políticas e sindicais. SOS Sanidade de Pontevedra participará na convocatoria dunha manifestación contra esta reforma da lei, a mediados de xaneiro en Santiago de Compostela.


relacionada A Xunta promove a campaña de vacinación dando exemplo
relacionada Vilagarcía sae á rúa contra o desmantelamento da área sanitaria do Salnés

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE