​Santamaría di que é "imposible" investir a Puigdemont, pero o Parlament busca a fórmula

|

Santamaria moncloa


A vicepresidenta do Goberno, Soraya Sáenz de Santamaría, asegurou este xoves que o Executivo central vai adoptar "todo tipo de medidas" para que a hipotética investidura de Puigdemont "non se produza" porque, segundo defendeu, "só pode ser elixido" presidente da Generalitat "cunha flagrante" vulneración da lei.


"É imposible", sinalou nunha entrevista radiofónica, preguntada pola posibilidade dunha investidura a distancia de Puigdemont, que se atopa fuxido en Bruxelas tras a declaración unilateral de independencia de Cataluña.


Mentres, JuntsxCat rexistrou este xoves no Parlament a solicitude á Mesa de voto delegado para Puigdemont e os ex consellers fuxidos con el a Bruxelas.


INVESTIDURA


Roger Torrent, pola súa banda, non descarta viaxar a Bélxica para atoparse con Puigdemont, pero rexeitou valorar a investidura telemática ou delegada que se expuxo porque cre que lle corresponde decidilo ao conxunto da Mesa: "Faremos todas estas conversacións e veremos que candidato suscita máis consenso, e se é Puigdemont teriamos que ver como o facemos".


Amplía esta información en Catalunyapress.


relacionada ​O Parlamento catalán constitúese e inicia a conta atrás para a investidura
relacionada Se Puigdemont se coa no Parlament para a investidura, será detido antes de votar
relacionada ​O artigo 155 seguirá en vigor ata que tome posesión sen "trampas" o novo presidente

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress