​O Parlamento catalán constitúese e inicia a conta atrás para a investidura

Só os dirixentes independentistas presos pediron delegar o seu voto, mentres Puigdemont e os ex consellers fuxidos non.


|

Parlament cataluna


Roger Torrent i Ramió (ERC) converteuse este mércores no noveno presidente do Parlament desde a restauración da democracia, o máis novo da Cámara desde que se recuperou a institución en 1980 e o sucesor de Carme Forcadell no cargo.


A súa primeira gran decisión é se propón a candidatura de Puigdemont para presidir a Generalitat despois do informe contrario dos letrados da Cámara autonómica. Torrent é un home da máxima confianza de Oriol Junqueras e da secretaria xeral, Marta Rovira, e un curtido parlamentario a pesar da súa mocidade.


O líder de ERC, Oriol Junqueras, e os deputados electos de JuntsxCat Joaquim Forn e Jordi Sánchez son os únicos independentistas ausentes na sesión constitutiva que delegaron o seu voto.


Fontes de JuntsxCat explicaron a Europa Press que o voto delegado dos deputados electos que se atopan fuxidos en Bélxica tramitarase cando estea constituído o Parlamento catalán.


Segue en Catalunyapress.es o transcurso da sesión no Parlament.


relacionada O Supremo impídelles aos líderes independentistas asistir aos plenos do parlamento catalán
relacionada ​O artigo 155 seguirá en vigor ata que tome posesión sen "trampas" o novo presidente
relacionada Se Puigdemont se coa no Parlament para a investidura, será detido antes de votar

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE