Se Puigdemont se coa no Parlament para a investidura, será detido antes de votar

|

Puigdemont Parlament DUI


A hipotética investidura de Puigdemont como presidente da Generalitat vai sumando obstáculos. Ao rexeitamento dos letrados do Parlament dunha investidura telemática súmase agora a decisión dos servizos xurídicos do Estado que confirmaron que a Cámara deixará de ser inviolable "se no interior hai unha persoa perseguida pola Xustiza".


Así, no caso de que Puigdemont decidise acudir ao pleno para a súa investidura a Policía podería detelo mesmo antes de que tivese lugar a votación, deixando os independentistas en minoría.


A propia dirección do PDeCAT aconséllalle volver con máis días de antelación, de forma que poida pedir permiso para votar na investidura de igual forma que Junqueras e outros deputados presos.


A información de Catalunyapress explica as hipóteses do Goberno sobre as posibles manobras de Puigdemont.


relacionada O Supremo impídelles aos líderes independentistas asistir aos plenos do parlamento catalán
relacionada ERC e o PDeCAT non se poñen de acordo para unha investidura de Puigdemont a distancia
relacionada Os letrados do Parlament inclínanse por rexeitar a unha investidura a distancia

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress