O Supremo impídelles aos líderes independentistas asistir aos plenos do parlamento catalán

|

Orioljunqueras


O xuíz do Tribunal Supremo Pablo Llarena impídelles ao ex vicepresidente catalán Oriol Junqueras, ao ex conselleiro de Interior Joaquim Forn e ao ex líder da ANC Jordi Sànchez asistir ao Parlament para tomar posesión como deputados electos e para a investidura, aínda que lles recoñece o dereito a delegar o voto.


No seu auto, lembra que se decretou prisión provisional para evitar o risco dunha reiteración delituosa, así como "mobilizacións cidadás colectivas violentas". "Con estas condicións actuais, afrontar unhas conducións de saída e de retorno do centro penal e facelo coa garantía de que se desenvolverán despexadas do grave enfrontamento cidadán é algo que este instrutor non percibe coa garantía que reclama o mantemento da pacífica convivencia que precisamente xustificou a adopción da medida cautelar", sentencia o maxistrado.


Podes ampliar esta información en Catalunyapress.

RECURSO "INMEDIATO"


E ante a hipótese dun intento de investidura de Puigdemont a distancia, o portavoz do Goberno, Iñigo Méndez de Vigo, asegurou este venres que é necesaria a presenza no Parlament do candidato que queira ser elixido. "O Goberno recorrería inmediatamente calquera artimaña, sen vacilación", confirmou.


Por iso, dixo que a pretensión de Puigdemont de ser investido telemáticamente é "unha falacia" e "irrealizable" porque "vai contra os textos xurídicos, pero sobre todo contra o sentido común". Segundo agregou, xa se viviron xornadas "vergoñosas" no Parlamento en setembro e chegou o momento de "recuperar a normalidade e o sentido común".


relacionada O Supremo non cre a palabra de Junqueras e manteno en prisión provisional
relacionada ERC e o PDeCAT non se poñen de acordo para unha investidura de Puigdemont a distancia
relacionada ​Rajoy espera que Cataluña sexa capaz de formar Goberno "pronto"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress