​Rajoy espera que Cataluña sexa capaz de formar Goberno "pronto"

O Parlament autonómico presentou un recurso ante o TC contra a aplicación do artigo 155.


|

Rajoy bandeira


O xefe do Executivo asegurou este martes que espera que en Cataluña se forme "pronto" un Goberno que acepte a orde constitucional e permita que se "normalice" a situación política.


Así se pronunciou Rajoy na inauguración da xornada económica Spain Investors Day. Tras asegurar que a "incerteza política" supón un "reto" para España e as súas institucións, insistiu unha vez máis que neste momento a "única sombra" que se cerne sobre a economía española vén de Cataluña.


Tras a sesión constitutiva do Parlamento catalán do 17 de xaneiro "o normal" é que nun prazo de 10 días se celebre a sesión de investidura se hai candidato... Catalunyapress ten máis detalles desta información.


RECURSO CONTRA O 155


O Parlament presentou este martes ante o Tribunal Constitucional (TC) un recurso de inconstitucionalidade contra a aplicación do artigo 155 da Constitución, informaron fontes parlamentarias.


A presentación do recurso foi aprobada o 27 de decembro pola Deputación Permanente do Parlament, cos votos a favor de JxSí e SíQueEsPot, a abstención da CUP e o voto en contra de Cs, o PSC e o PP.


JxSí pediu en novembro un ditame ao Consell de Garanties Estatutàries (CGE) sobre o 155 e o órgano consultivo da Generalitat concluíu que era susceptible de recorrerse porque, entre outras razóns, o cesamento do Govern non era unha "medida necesaria ou indispensable".


Amplía esta información en Catalunyapress.


relacionada Rajoy data para o 17 de xaneiro a sesión constitutiva do Parlament
relacionada O Supremo non cre a palabra de Junqueras e manteno en prisión provisional

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE