As mulleres do rural piden "achegalo á sociedade" para evitar a caída do sector lácteo, indica un informe de Lence

No marco do 'Día da Muller no rural', o Grupo Lence realizou un estudo, coa participación de distintas mulleres do sector, para coñecer mellor os problemas e retos que asumen.

 


|

No marco do 'Día da Muller no rural', o Grupo Lence realizou un estudo, coa participación de distintas mulleres do sector, para coñecer mellor os problemas e retos que asumen. 

 

A falta de man de obra, a ausencia de substitución xeracional ou a promoción do rural só como destino turístico son algunhas das conclusións deste informe. 

 

Vacas
Foto: Xunta.gal

 

Moito máis que turismo rural e a morte lenta do sector agrícola son as pantasmas que acosan a as mulleres do rural. Así o debullan desde o Grupo Lence, con motivo do 'Día da Muller no rural', por mor dun estudo propio co que poñen o foco no papel das mulleres do sector lácteo. As preocupacións e inquietudes son nas que se centra a compañía leiteira para tratar de ter unha percepción máis axustada. 

 

As mulleres temos que facernos respectar e debemos ter o noso lugar no sector lácteo ou en calquera ámbito, e iso fai que agora xa non se notan tanto as desigualdades”, valorou unha das participantes do estudo, que permite ver un lixeiro cambio de forzas a medida que as mulleres foron entrando no negocio: “Agora xa non se pregunta polo xefe”.

 

E se hai unha empresa que coñece ben ese cambio de roles e a importancia da familia é o Grupo Lence, con Carmen Lence agora na presidencia. “Un aspecto clave é que quedamos sen servizos no rural, o que fai a vida máis difícil e empúxanos a ir ás grandes cidades para case todo: ir ao médico, á compra, a pagar impostos... Isto nótano sobre todo as mulleres, as que asumen máis carga familiar”, reflexionaba Carmen Lence para este medio sobre a sangría do rural.

 

“Hai poucas mulleres titulares de ganderías. Por iso entendo que se eu teño visibilidade teño a responsabilidade de contar esta historia. Sempre se fala da diferenza de xénero referíndose ás mulleres que traballan en empresas, pero esquécese unha realidade tan importante para todos como o rural e a muller do rural. Se o rural non sobrevive temos todos un problema”, apostilaba.

 

O RURAL, ALGO MÁIS QUE "VACACIÓNS"

Nesa liña, no documento tamén hai espazo para denunciar a “imaxe de illamento do rural”. “Hai que cambiala”, coinciden as participantes, que con todo inciden na importancia de manter servizos e aumentalos. Así, reivindican potenciar o rural como unha opción para traballar e vivir como receita para frear o despoboamento e non “vendelo” exclusivamente como destino vacacional.

 

Agora o rural está a venderse para as vacacións, pero temos que potencialo como espazo de traballo e como oportunidade de contribuír á economía local e á supervivencia do sector”. Pola outra banda, no referido á sustentabilidade do sector, as voces do informe destacan que é necesario “investir e seguir crecendo”, pero que “a falta de man de obra” complica o avance. 

 

"ACHEGALO Á SOCIEDADE"

Para soster ao rural son capitais as administracións públicas e o apoio que reciban os negocios, que se enfrontan a demasiadas “trabas administrativas” nun momento no que “o número de granxas vai a menos” nun contexto de inflación, encarecemento das materias primas e crise enerxética. De feito, moi ligado a isto está a tecnoloxía que “cambiou o tipo de labores, facendo o traballo máis levadío” e modernizando e automatizando moitas explotacións. 

 

Que o sector sexa atractivo para as novas xeracións é responsabilidade dos que están agora  xestionando os negocios”, consideran. “Temos que achegalo ao resto da sociedade para poder contar con máis man de obra e así poder investir e seguir ampliando os negocios. Hai que visibilizar as potencialidades do rural”, sentencian. 


 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE