empresas

No corazón da Galia unha comarca resístese ao Imperio Ruediano

E a historia parece repetir, pois xa en 1976 en Ponteceso, onde alcaldes máis bravíos, en tempos máis democráticos, encabezando a Santa Nai das manifestacións, sen cantar e sen ruído, coa soa presenza de tres comarcas nunha soa rúa, convenceron a un Caudillo moi bondadoso, de non plantar unha planta de celulosa a poucos metros da casa natalicia do autor da letra do himno desta Galia.  Parece que xa recula a plana maior da Pontón e o seu batallón, pois en febreiro apostaron polo voto obreiro e hoxe, despois do Día Mundial da auga, aos nacionalistos e nacionalistas parécelles moito beber do rio Ulla a esa planta tan Eco-Bio.

Impulsar a circularidade da auga para un futuro sostible

A transformación cara a un modelo baseado na economía circular permite potenciar a resiliencia hídrica fronte á seca e preservar a dispoñibilidade da auga para a agricultura, a industria e as cidades. 

O catálogo da Mesa propón un Nadal para regalar libros e xoguetes en galego

A proposta da Mesa pola Normalización Lingüística inclúe roupa, contos, produtos gastronómicos ou experiencias. 

A deriva "sen rumbo nin capitán" en Pescanova provoca un ERE que ameaza a un centenar de empregos

O comité de empresa de Pescanova España Back Office Chapela (do grupo Nova Pescanova) prometeu traballar "desde o primeiro momento" para "minimizar" o impacto do ERE extintivo anunciado pola empresa nas últimas horas, e que se expón para un centenar de traballadores de oficinas de Chapela e Madrid, e lamentaron que se chegou a esta situación "por unha deriva equivocada, sen rumbo nin capitán".

Gadis reedita con Equiocio Ferrol o patrocinador no certame hípico e de lecer familiar de Covas

O certame, que se celebrará do 3 ao 6 de agosto, ten o compromio de ser "sinónimo de respecto polo medio ambiente, polo deporte, pola vida saudable e pola tradición".

CIG detalla a inestabilidade de GFS Security: Ordes de embargo, investigacións en curso, posible fraude…

O sindicato denuncia o traslado “sen alegar motivación algunha” dun dos traballadores “represaliados” por GFS que prestaba servizo en Reganosa. 

Unha lei impedirá que as chamadas telefónicas dos comerciais volvan a "amolarnos a sesta"

Cantas veces unha chamada dun vendedor interrompeunos durante a nosa xornada laboral ou nos espertou no noso intre de descanso? Pois esa situación pronto pertencerá ao pasado, xa que unha nova lei, que comezará a aplicar este mes, impide ás empresas realizar chamadas comerciais non desexadas aos cidadáns.

Tanxugueiras encabeza o caterlón de El Corte Inglés en Galicia para celebrar o Día Europeo da Música

A cadea de grandes almacéns dispuxo dunha programación de primeiro nivel para celebrar este acontecemento que se celebra o 21 de xuño

Casio presenta unha calculadora científica en galego, a primeira da súa clase en rachar ca barreira do idioma

As carcasas incorporan ilustracións de mulleres científicas e a última incorporación é a dunha enxeñeira informática galega

Bota a rodar o proxecto ‘WATERUN Horizonte Europa’ para a xestión das augas de escorrentía en Santiago

O proxecto, que se desenvolve tamén en cidades danesas e xordanas, terá unha duración de 48 meses e un orzamento de 3 millóns de euros.

El Corte Inglés volve a situarse entre os cen grandes firmas do sector retail, segundo Deloitte

Inditex, Mercadona e O Corte Inglés situáronse entre os cen maiores firmas do sector retail a nivel mundial, segundo o informe 'Global Powers of Retailing 2023' elaborado por Deloitte, no que tamén aparecen o Grupo Eroski e Dia.

As folguistas da Coruña "abriron o camiño" á subida salarial de Inditex en todo o Estado, reivindica a CIG

Onte moitas dependentas de Inditex creron gañar a guerra co anuncio dun acordo da compañía con UXT e CC.OO. para alcanzar melloras de corte salarial, social e laboral, pero o certo é que a batalla comezou a decantar do seu lado moito antes e na Coruña.

 

Viaqua celebra o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia cun webinar desde a Antártida

Este 11 de febreiro celébrase o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia.

Rueda, sobre a idea de trasladar o plan de Ence nas Pontes a Lourizán: "É só a petición dun sindicato"

O presidente da Xunta de Galicia valorou exausitvamente o significado do pronunciamiento do Tribunal Supremo con respecto a Ence e as consecuencias xurídicas que pode ter para os intereses da Xunta.

 

"Ence é pan duro para hoxe e fame para mañá" razoa Lores, alcalde de Pontevedra, horas antes do fallo final

A só un día que que se reúna o Tribunal Supremo e despois de coñecer a postura de Greenpeace, outra das partes no preito da prórroga de Ence, Galiciapress entrevista Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde do Concello de Pontevedra.
 

Abandonará Ence Pontevedra? "Que nos devolvan o que foi e debería seguir sendo Lourizán, un paraíso natural”

A semana que vén, máis concretamente o martes 7 de febreiro, o Tribunal Supremo reunirase para resolver unha cuestión pola que a cidade de Pontevedra leva ano pendente: debe Ence abandonar o seu emprazamento en Lourizán?

 

No CIGAT Circular a Xunta, Viaqua e Cetaqua unen esforzos para descarbonizar Galicia a través dos residuos

Na súa aposta pola innovación, o Grupo Agbar, Viaqua e CETAQUA celebraron este mércores no AquaHub 'A vila dá auga' de Santiago a presentación do Centro Mixto de Investigación CIGAT Circular, que contou coa presenza de membros da administración pública e empresarios envorcados con este poryecto. 

 

 

 

CC.OO. ante o inicio das negociacións con Inditex: "Non pode haber traballadores de Primeira e de Segunda"

A empresa fundada por Amancio Ortega e dirixida pola súa filla, Marta Ortega, abre o 25 de xaneiro un proceso de diálogo cos principais sindicatos estatais para abordar melloras salariais para os traballadores das tendas.

 

Marta Ortega: "2022 non foi un ano fácil"

A presidenta da compañía Inditex, nunha felicitación do Nadal aos seus traballadores, fixo balance do ano 2022 e afirmou que a compañía ten "grandísimos retos e grandes proxectos en marcha"

A auga de choiva compostelá obxecto de estudo para catorce entidades

Viaqua, AIMEN e a Universidade da Coruña atópanse traballando conxuntamente neste proxecto, cun orzamento de 3 millóns de euros e cunha duración de 48 meses.

 


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE