Xulio Ferreiro encarga un estudo para reclamar a Casa Cornide

|

CasacornidebngO BNG impulsou o debate sobre a recuperación do inmoble.


O Pleno municipal da Coruña aprobou que o Consello da Memoria Democrática -ente impulsado polo actual goberno para garantir o cumprimento estrito da Lei de Memoria Histórica- terá como primeiro encargo analizar a situación da Casa Cornide, en mans da familia do ditador Franco, así como a pertinencia da súa devolución a mans públicas.


O grupo municipal do BNG presentou unha moción para que o Concello "inste os gobernos da Xunta e do Estado a que adopten decisións efectivas tendentes á incorporación da chamada Casa Cornide ao patrimonio público", e que foi aprobada cos votos a favor de todos os grupos municipais a excepción do PP, que se abstivo.


O concelleiro Sande deu a coñecer o encargo de estudo que se realizará o novo ente do Consello da Memoria Democrática, conformado por profesionais do ámbito memorístico, e insistiu na necesidade de que "o goberno local siga adiante co seu traballo a favor da xustiza e a reparación".


"Para nós, este estudo non é máis que outra forma de evidenciar o noso compromiso decidido pola historia", comentou o edil, que manifestou que "non se pode ser alleo ao veredicto da historia ao espolio que se levou a cabo durante a represión".


relacionada A reparación ás vítimas do franquismo da cidade herculina dá un paso máis
relacionada Ramón Villares lamenta que a disputa por Meirás "mantén viva a figura de Franco"
relacionada O Congreso aproba recuperar o Pazo de Meirás e ilegalizar a Fundación Francisco Franco

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress