memoria histórica

Enrique Tenreiro, artista, a xuízo por pintar unha pomba na tumba de Franco do Valle dos Caídos

O acusado alega que todo era unha performance artística contra a ditadura de Franco pero o fiscal pídelle un ano de prisión 


O Pazo de Meiras volverá ser inmediatamente público e trataranse de recuperar outros bens, segundo o pacto PSOE - Podemos
Tamén prevén derrogar a 'lei mordaza' e auditar os bens expoliados polo franquismo
Amén

Custará traballo e paciencia, pero a recompensa será, para os que agora vivimos e os nosos fillos, moi xenerosa e motivante: culminar un acto de xustiza.

Levantando o manto de silencio sobre os 11 campos de concentración franquistas en Galicia
O xornalista e investigador Carlos Hernández de Miguel documenta no seu último libro a existencia de case 300 campos de concentración franquista, 11 deles en Galicia, polos que calcula que pasaron entre 700.000 e un millón de persoas.
Historia contra a "postverdade": Novo libro detalla como o franquismo reprimiu a miles de profesores galegos

Cal foi o papel de mestres delatores, de párrocos, "homes de bos costumes", Falanxe e mesmo "colectivos de veciños" na onda de represión contra os mestres tras a Guerra Civil? Este é un dos aspectos que desvela un novo libro. A depuración do Maxisterio nacional na provincia da Coruña (1936-1945) acaba de ver a luz da man da Fundación Luís Tilve e será presentado mañá venres na sede da Deputación da Coruña.

Estes quince concellos galegos aínda manteñen vestixios do franquismo nas súas rúas
A Dirección Xeral de Memoria Histórica do Ministerio de Xustiza solicitou a 656 concellos, unha quincena deles galegos, a "retirada inmediata" dos vestixios do franquismo que aínda pervivan nos seus espazos públicos e pediu aos gobernos autonómicos que verifiquen "a non existencia de símbolos de exaltación".
A honorabilidade de M.Fraga e a memoria historica

Reivindicar a honorabilidade de Manuel Fraga é reivindicar unha traxectoria política que non deixa de ser unha clara mostra de complicidade por parte de Núñez Feijoo.

Para retirar a titularidade do nicho regalado a Franco son necesarios "informes xurídicos"
Jorge Suárez di que están no proceso de identificar os familiares do ditador "para realizar o requirimento oportuno"
A Fundación Franco, investigada por un delito de odio

Unha denuncia de Esquerda Unida por unhas declaracións do portavoz da fundación que enxalza ao ditador poden acabar sentando á polémica entidade no banco dos acusados.

Defensa segue sen aclarar o seu patrocinio dunha homenaxe a Millán Astray, suspendido agora

A Hermandad de Antiguos Caballeros Legionarios suspende provisionalmente as "manobras" en homenaxe a Millán Astray. O logo do Ministerio de Defensa figurou ata o final o cartel, ao contrario do da Deputación de Pontevedra, que o retirou. O Ministerio cala ante a prensa, pero terá que dar explicacións nas Cortes.

Defensa aparece como patrocinador dunhas manobras que enxalzan a Millán Astray

A Deputación de Pontevedra xa retirou o seu patrocinio pero o Ministerio de Defensa segue figurando e non responde as cuestións sobre a súa vinculación dun evento organizado por a "Irmandade de Antigos Cabaleiros Lexionarios". O acto está previsto en terreos da Igrexa e o Concello de Barro envía unha comunicación para prohibir manobras en lugares públicos. 

Xulio Ferreiro encarga un estudo para reclamar a Casa Cornide

Será o primeiro encargo do concello ao Consello da Memoria Democrática.

A Oficina de Atención ás Vítimas do franquismo abrirá en 2018

Así o anunciou o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, nun acto público.

Piden non limpar un monumento á memoria histórica para "que se saiba que seguen odiando"

A Asociación Levada Libre quere, ademais, colocar unha caixa para recoller insultos "e, se quere, poñer o seu nome".

A reparación ás vítimas do franquismo da cidade herculina dá un paso máis

O Goberno local pon en marcha de forma inminente o Consello Municipal da Memoria Democrática.

A pelexa para recuperar o Pazo de Meirás seguirá dándose por duplicado

A Xunta non participará nunha comisión coa Deputación da Coruña, que ten documentada a súa "forte implicación" no espolio do inmoble.

A petición para que se ilegalice a Fundación Franco supera as 200.000 firmas

A iniciativa suma 120.000 apoios de cidadáns desde hai pouco máis dun mes, coincidindo coa polémica por Meirás.

Misión ante a ONU para dununciar "o espolio do franquismo en Galicia"

Ana Pontón anuncia que encabezará a delegación do BNG que acode a Xenebra o mércores. O PSdeG ve unha "burbulla" xerada ao redor de Meirás.

Tributo aos alcaldes e sindicalistas vigueses asasinados no 36

A homenaxe contou coa asistencia de representantes políticos e familiares dos represaliados polo fascismo.

Homenaxes a Alexandre Bóveda cando se cumpren 81 anos do seu fusilamento

Distintos actos por Galicia homenaxean o histórico político galeguista asasinado no 36 polos franquistas.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE