Como afecta a morte de Carmen Franco á devolución do Pazo de Meirás e as estatuas?

|

Pazo de meiras


Carmen Franco, filla do ditador Francisco Franco, morreu en Madrid aos 91 anos de idade por mor dun cancro terminal. O seu falecemento prodúcese só un día despois de que o Xulgado de Primeira Instancia número 41 de Madrid admitise a trámite a demanda civil presentada polo Concello de Santiago de Compostela para recuperar as estatuas do Isaac e Abraham, obras do Mestre Mateo.


O pasado xoves o Concello de Santiago informou de que o xulgado madrileño había admitido a trámite a demanda civil presentada contra Carmen Franco para recuperar as obras do Mestre Mateo, para o que se fixo un labor de recompilación documental que acreditaba a titularidade municipal das pezas.


Agora, o falecemento da filla do ditador deixa abertas dúas posibilidades sobre a demanda: no caso de que a falecida recibise xa a notificación do Xulgado de Primeira Instancia número 41 de Madrid, a demanda pasa automaticamente aos seus herdeiros. De non notificarse a demanda a tempo, habería que realizar un trámite xurídico para trasladala aos seus herdeiros. De calquera xeito, a morte da filla de Franco só cambia a forma, non o contido ou a finalidade da mesma.


O Xulgado empraza, no escrito de admisión a trámite, á demandada a contestar no prazo de 20 días hábiles sobre a situación das figuras. Agora terán que ser os seus herdeiros os que respondan ante a xustiza. Contra a resolución cabía recurso de reposición no prazo de cinco días, pero a súa interposición non ten efectos suspensivos.


Pero no es la única situación polémica de los Franco en Galicia, ya que este verano volvió a la palestra el Pazo de Meirás, en donde los Franco siguen disfrutando estancias de verano. Este inmueble, bien de interés cultural (BIC) desde 2011 y que tiene que ser abierto al público, ha sido objeto de la polémica porque la ‘Fundación Nacional Francisco Franco’, el organismo que se hace cargo de la administración del Pazo, afirmó que utilizaría las visitas guiadas para ensalzar la figura del dictador. En este caso, existen varias plataformas que luchan porque la propiedad vuelva a dominio público, y la propia Xunta ha admitido que apoyará la devolución del Pazo.

relacionada Admitida a trámite a demanda para recuperar as estatuas de mans da Familia Franco
relacionada A expropiación de Meirás non está na mesa: "Galicia non está para darlle diñeiro á familia Franco"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress