O dilema Andone

|

AndoneyLucas

Adone camiña xunto a Lucas. Foto: RC Deportivo


Deprimido na táboa e na vida, o Deportivo da Coruña afronta un difícil final de ano. Os branquiazuis veñen de caer no derbi galego ante o Celta de Vigo e, aínda por riba, a derrota levounos a ocupar postos de descenso. Desnortados, os herculinos teñen a responsabilidade de endereitar o rumbo en 2018 si non queren vivir unha segunda parte do campionato tan complicada como as vividas nas tempadas pasadas. Desde que regresaron a Primeira División, os coruñeses apenas viviron tempos de paz e, este mercado de fichaxes invernal, promete ser outro campo de batalla para o equipo galego. E se xaneiro vai ter un nome propio en Riazor, ese vai ser o de Florin Andone.


O esquema de Parralo, o regreso de Lucas Pérez, a relación co técnico, os bandazos do club…demasiadas cousas en contra do novo ariete romanés. Andone (11 de abril de 1994, Botosani, Romanía) non o tivo fácil desde que chegou a Coruña fai dous veráns. A tempada pasada gozou da condición de titular indiscutible, deixando un bo rendemento a pesar de que o equipo o pasou realmente mal toda a tempada. Os seus 12 goles axudaron aos herculinos para salvarse e chamaron a atención de diversos clubs que viron na velocidade e puntería do deportivista a un dianteiro de nivel.


Entre xullo e agosto os teléfonos de Riazor non pararon de soar preguntando polo internacional romanés. As ofertas de Inglaterra e Italia superaban con fartura as pretensións económicas do Deportivo, que non tiña intención de deixar ir a Andone, pero que deron ao nove a oportunidade de decidir se quería irse ou non. O Burnley e o Brighton foron os que mostraron máis interese en levar a Florin á Premier League, con ofertas de ata 18 millóns de euros, pero Andone nunca quixo escoitar os cantos de sirena da “pérfida Albión”, a pesar de que as ofertas superaban por moito o que percibe na Coruña e que a Premier é un escaparate mellor que Galicia. Con todo, Andone apostou por tentar triunfar en Riazor, no equipo que apostou por el cando batallaba en Segunda División.


Finalmente, o Burnley levou a Chris Wood no canto da o romanés e Andone quedou en casa. O que se veu facer competencia a Flrorin foi Lucas Pérez, o fillo prodigo que desde o minuto uno contaba co apoio incondicional da bancada. O regreso do nove a casa desde o Arsenal puxo en dúbida a titularidade de Andone, xa ameazada con outro regreso, o de Adrián, que busca recuperar o seu fútbol no club que lle viu crecer.


Agora, e despois de ver varios partidos desde a banqueta, mostrar o seu descontento ante os medios e ter unha pequena liorta con Arribas, que xa non pertence á disciplina deportivista, Andone reformúlase o seu futuro. Despois de xogar 13 partidos, só seis de titular, e ver porta tres veces, o ex do Córdoba pode facer as maletas este xaneiro. En Riazor están dispostos a escoitar ofertas, xa que priorizan a Lucas Pérez por diante do nove romanés. Ademais, a bancada puxo en dúbida o rendemento do punta, que vive o seu peor momento desde que arribou a beiras do Atlántico.


Agora, haberá que esperar a saber se o internacional romanés segue contando cun bo cartel e se hai equipos dispostos a ofrecer polo menos 10 millóns, a cifra pola que empezaría a negociar o club coruñés. Espérase un xaneiro movidito na Praza de Pontevedra. Con todo Andone ten a última palabra: empezar de novo noutro club ou seguir pelexando. E aí o dilema. 

relacionada O Celta conquista Riazor
relacionada Emre Çolak: "Non estou afeito a estar no banquillo"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress