O Celta conquista Riazor

(1-3). O equipo celeste decantou o partido ao seu favor aos tres minutos.


|

DerbiAndone maquillou o resultado. Foto: RC Deportivo


Tres minutos durou o 0-0 en Riazor. O Celta golpeou primeiro ante a afección deportivista e decantou o partido ao seu favor. O derbi volve ser celeste, maquillado unicamente por un gol de Andone, para poñer o 1-3.


O Dépor volveu conceder un premio ao seu opoñente ao comezo do choque. Wass aproveitou unha perda dos locais e o seu desaxuste defensivo para rematar un balón no segundo pau.


O conxunto herculino tivo que reaccionar axiña para pelexar polo empate. E aínda que Unzué dixera que o Celta iría a por a posesión en Riazor, os celestes permitíronlle ao rival ter a pelota durante o resto do primeiro tempo.


Ata que no 40 outro cúmulo de erros do Dépor permitiu a Iago Aspas facer o seu primeiro tanto da noite.


Tras o descanso, Cristóbal cambiou o plan. A súa proposta, máis directa, con Andone por Çolak, tratando de dar cancha ao ataque deportivista.


Sen verse demasiado inquietado, a pesar de que o Dépor tivo as súas oportunidades, o Celta seguiu manexando o ritmo do encontro, para sentenciar co terceiro pasado o minuto 50 de partido. De novo, Aspas, pero de falta directa.


Só Andone puido maquillar o resultado ao fío da hora.


relacionada O derbi das pancartas: "Soñan connosco, sexamos o seu pesadelo"
relacionada Unzué: "Só somos mellores que o Dépor na clasificación"
relacionada Lucas Pérez: "O alcalde de Vigo que se preocupe de que non se alague Balaídos"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE