Emre Mor descarta que se vaia ir en xaneiro
O xogador aspira a consolidarse no once de Unzué, pero vese con "tempo por diante".
Emre Mor, asinando autógrafos. Foto: RC Celta
Emre Mor espera con paciencia o seu asalto no Celta, polo que descarta saír este mercado de inverno. Ante os rumores de pretendentes desde Turquía, o xogador contou que esa posibilidade xa existía no verán, pero elixiu o Celta.
"Creo que o Celta é o mellor club para crecer máis fácil. Só penso en quedar aquí e triunfar no Celta", declarou Mor.
A pesar dese desexo de triunfar, o xogador recoñecer que xogou menos do que quería. Agora, coas lesións no pasado, destaca que traballa "duro" para consolidarse.
Aínda así, considera que el mesmo se esixe, pero tamén que ten "moito tempo por diante". Por iso, quítase presión e defende que tivo que pasar un período de adptación na súa nova etapa no fútbol español.
Escribe o teu comentario