A lesión de Emre Mor prolóngase máis do previsto

|

EmremorturquiaEmre Mor non foi coa selección. Foto: @Emremor29


A escordadura de nocello de Emre Mor non termina de curar e trastorna os plans do Celta. O atacante turco pode sumar aos últimos dous outro encontro visto desde a bancada pola súa recaída.


O parte médico difundido polo Celta reflicte que a resonancia magnética á que se someteu o xogador confirma o alcance do diagnóstico e fala de "molestias que limitan a súa actividade".


Así mesmo, os prazos previstos apuntan a que a recuperación se alongará entre uns dez días e dúas semanas. Se se dá a mellor das posibilidades, chegaría xusto ao encontro co Sevilla do sábado 18.


No peor dos casos, tampouco participaría no reencontro do equipo contra o seu ex adestrador, Berizzo.


Emre Mor xa tivo que renunciar á convocatoria para os amigables coa selección de Turquía neste parón ligueiro.


relacionada O Celta doma os leóns
relacionada A bancada de Río está "operativa con todas as garantías"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress