Alerta por temporal en case toda Galicia este venres e sábado antes dun brusco cambio

A próxima semana prevense temperaturas próximas aos 30 graos nas zonas do interior de Galicia pola chegada dun anticiclón. Mentres tanto, toca preparar para un fin de semana de vento e choiva, sobre todo na provincia de Pontevedra e na costa.


|

Mapa de alertas de AEMET para el viernes
Mapa de alertas de AEMET para o venres

PREVISIÓN PARA O VENRES
A previsión para o venres advirte de precipitacións que poderían ser persistentes, e localmente fortes, no oeste e suroeste da Coruña. Probables refachos moi fortes no noroeste de Coruña e A Mariña ao final do día.

 

Este venres será un día de nubrado ou cuberto con choiva e chuvascos moderados na metade occidental que poderán ser localmente persistentes na costa occidental pola tarde e que se irán estendendo cara ao leste ao longo do día, aínda que serán algo máis débiles na zona oriental. Temperaturas en aumento, máis acusado nas mínimas. Poderán dar xeadas débiles en zonas montañosas do sueste. Ventos de suroeste, máis intensos no litoral, onde aumentará a súa intensidade pola tarde con probables refachos moi fortes ao final no noroeste de Coruña e A Mariña.

 

As alertas de AEMET empezan ao mediodía e afectan a todo o litoral e a toda a provincia de Pontevedra. Espéranse ventos de até 80 quilómetros hora na costa de Lugo e da Coruña. As choivas máis fortes chegarán a partir das 12, sendo a provincia de Pontevedra e as comarcas da Costa da Morte e O Barbanza as máis afectadas.

 

PREVISIÓN PARA O SÁBADO

AEMET tamén  ten activas alertas para Galicia para mañá sábado. No oeste da Coruña, o suroeste da Coruña serán as zonas con máis choivas, en 12 horas caerán até 60 milímetros cúbicos. Un pouco menos, 40, prevense para Rías Baixas, Interior de Pontevedra e a zona do Miño nesa provincia. A alerta durará até as 11 da mañá e empeza ás cero horas.

 

A previsión para o sábado é de ceos nubrados ou cubertos con choivas ou chuvascos xeneralizados que serán localmente persistentes na primeira metade do día na metade occidental. Temperaturas en aumento, máis pronunciado nas mínimas. Ventos de suroeste.

 

PREVISIÓN PARA O DOMINGO
Para o domingo non hai ningunha alerta meteorolóxica prevista. Agora ben, seguirá sendo difícil ver o sol, pois as precipitacións serán xeneralizadas.

 

De feito poderán ser en forma de chuvasco e ir acompañadas de tormentas ocasionais con saraiba pequena pouco probable. Non se descarta que as precipitacións sexan localmente fortes e persistentes na costa occidental, sobre todo pola mañá.

 

Temperaturas mínimas en descenso, notable na metade norte, salvo en Ourense, onde haberá cambios lixeiros. Máximas en lixeiro descenso no terzo norte, sen cambios no resto. Vento de suroeste, virando a nordeste pola tarde e diminuíndo a súa intensidade.

 

PREVISIÓN A medio prazo
O luns AEMET estima que seguirá a inestabilidade, aínda que o sur do país empezará a gozar de bo tempo a final do día. O cambio para todo o país chegará o martes. A partir de entón tenda a establecer o anticiclón na Península e Baleares, con ceos pouco nubrados en xeral. O vento en Galicia será do norte así que, en teoría, Galicia non sufrirá un aumento tan drástico de temperaturas. Hai que ter que en conta que Andalucía é probable que volvan aos 30 graos.

 

Meteogalicia estima que a próxima semana Galicia quedará na influencia das altas presións. Así, o luns aínda será unha xornada de transición, con algúns chuvascos e temperaturas baixas para a época do ano. A partir do martes o tempo será seco con progresivo ascenso das temperaturas. En localidades como Ourense, Meteogalicia prevé que se rocen os 30 graos o xoves da próxima semana. 
 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE