O Celta rasca un punto no Camp Nou

|

Celta barcaO Celta plantou cara no Camp Nou. Foto: RC Celta


O Barça viu este sábado como o Celta rompeu dúas xeiras positivas que acumulaba polo menos desde o inicio da liga. O equipo catalán non perdera ningún punto na casa e non lle marcaran máis dun gol ante a súa afección.


O Celta saíu ao Camp Nou cunha formulación nova pola súa aliñación e, aínda que perdeu a Sergi Gómez por lesión (luxación do ombreiro) no arranque do encontro, golpeou primeiro.


Pasado o minuto 20, Aspas colleu un rexeite para bater a Ter Stegen tras unha contra na que el mesmo participou, xunto con Wass e Maxi.


Pero só un minuto máis tarde, apareceu Messi, que aproveitou unha chegada para poñer o 1-1. A igualada durou o que quedaba da primeira metade, a pesar dalgunha ocasión máis para o Barça e algunha contra a favor do Celta.


Ao comezo da segunda metade, os celestes trataron de arrebatar o balón ao Barça e impediron máis chegadas blaugranas. Pero outra vez Messi debuxou un pase ás costas da defensa que colleu Alba e Suárez enviou ao fondo da rede.


E a 20 do final, Aspas, por banda dereita, conseguiu chegar á liña de fondo para asistir a Maxi Gómez, que non perdoou.


De aí ata o último asubío, tocou sufrir. Os celestes aguantaron con máis efectivos atrás as acometidas do Barça para amarrar un punto, aínda que a dinámica do xogo tamén lles concedeu un par de chegadas para tentar o terceiro gol.


relacionada Ambición e valentía: o 'partido perfecto' que esixe Andreu Fontàs
relacionada O Celta pasa a oitavos de Copa deixando malas sensacións

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress