Ambición e valentía: o 'partido perfecto' que esixe Andreu Fontàs

O encontro contra o Barcelona antóllase complicado, pero o central céltico abórdao con optimismo


|


Fontas


Ambiciosos e sen medo.” Sobre esta idea incidiu con especial relevancia o central do Celta, Andreu Fontàs, sobre o encontro do próximo sábado contra o Barcelona. O central asegura ir a un “campo difícil”, pero disposto a pelexalo.


O sábado disputarase o que é para moitos un auténtico ‘David contra Goliat’, máis aínda coa ausencia de Jonny no persoal céltico. Fontàs é consciente do difícil enfrontamento, pero afirma que o equipo “ten recursos” e xente que “se adapta ben a distintas posicións”.


O xogador do Celta fundamentouse nunha posición optimista, onde o importarse do partido será “sacar algo positivo” e xogar sen “terlles medo”. Para o central, resulta imprescindible enfocarse na actual forma de xogar do Barcelona, un equipo con poucas fisuras do que “hai pouco que dicir de malo”.


“Encaixaron moi pouco e están a demostrar ser un gran equipo”. Fontàs teno claro: o Celta necesita xogar “o partido perfecto” para dar a talla no encontro do próximo sábado.

relacionada O Celta pasa a oitavos de Copa deixando malas sensacións
relacionada ​Sergio quere renovar por máis dun ano e o Celta non cede

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE