O Celta pasa a oitavos de Copa deixando malas sensacións
Un penalti anotado por Aspas ao final do encontro maquilla co resultado unha imaxe pouco sólida dos vigueses.
O 1-2 de Ipurúa deixaba marxe aos celestes. Foto: RC Celta
O Celta sentenciou a súa clasificación aos oitavos de final da Copa do Rei cun tanto de Iago Aspas desde o punto de penalti no minuto 90.
Tras o 1-2 a favor colleitado no partido de ida, os celestes afrontaban a volta co obxectivo de marcar e poñerlle moi costa arriba a remontada ao Eibar.
Con todo, o conxunto armeiro foi quen levou a batuta do encontro e o que gozou das oportunidades, desbaratadas con eficacia polo gardameta celeste.
Unzué sacou de inicio aos menos habituais, que non puideron facer funcionar o centro do campo nin o ataque. Así que tivo que aparecer Aspas para volver transformar nos últimos minutos outro penalti que puxo punto final á eliminatoria.
O rival dos vigueses na seguinte rolda non se coñecerá ata este venres, cando se celebra o sorteo.
FICHA TÉCNICA
1 (3)-CELTA: Sergio, Hugo Mallo, Cabral, Fontàs, Jonny, Radoja (Lobotka, min.72), Brais Méndez, Tucu Hernández, Emre Mor (Wass, min.89), Hjulsager, Guidetti (Aspas, min.72).
0 (1)-EIBAR: Dmitrovic, Capa (Arbilla, min.75), Gálvez, Lombán, Cote, Peña, Jordán (Azkue, min.68), Sarriegi, Bebé, Kike García (Sergi Enrich, min.82) e Charles.
Goles: Iago Aspas (1-0, min.90, de penalti).
Escribe o teu comentario