​Sergio quere renovar por máis dun ano e o Celta non cede

O propio Mouriño expresa que é a política do club. O presidente tamén recoñece a oferta chinesa por Maxi Gómez.


|

Sergio alvarez celtaQueda un mes para a renovación. Foto: RC Celta

As negociacións para a renovación do contrato de Sergio Álvarez co Celta están a atoparse co obstáculo da "política" do club.


E é que o presidente celeste, Carlos Mouriño, confirmou que sobre a mesa está a oferta de renovación por un ano, costume no Celta para os xogadores que superan a trintena. "Se Sergio cre que vai render moitos anos, non lle custa nada renovar ano a ano", manifestou Mouriño.


O porteiro xa dixo que non a esa condición, a un mes de que sexa axente libre.


E tamén sobre o persoal, o mandatario confirmou a oferta chegada desde o fútbol chinés por Maxi Gómez, aínda que de momento limitouse a dicir que "a estamos estudando todas as partes". E é que o presidente expresou a satisfacción polo rendemento do dianteiro, polo que "nunca se sabe se será un bo negocio se se produce a venda".


relacionada O Celta e a Copa do Rei: un amor inalcanzable
relacionada O Celta conquista de penalti a vitoria ante o Leganés

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE