A oposición considera insensible, decepcionante e previsible o balance feito polo presidente

|

Portavocesparlamento


As palabras de Feijóo na primeira intervención no Debate sobre o Estado da Autonomía non convenceron, como era de esperar, á oposición.


A primeira en comparecer no corredor do Parlamento foi a líder do BNG, Ana Pontón, que viu un "presidente insensible e incapaz de sensibilizarse cos problemas dos galegos".


A portavoz nacionalista criticou que Feijóo ten un "síndrome de Monte Pío moi encapsulado", ao entender que esquece "os problemas e retos que enfrontamos como país".


Pontón reprochoulle "falta de ambición e de confianza neste país", que o converte nun "lastre".


"CARECE DE PROXECTO"


Pola súa banda, Xoaquín Fernández Leiceaga criticou o discurso por "previsible e triunfalista", que "conta vellos proxectos coma se fosen propostas de futuro e non fai balance de resultados".


O portavoz do PSdeG manifesto que "nos doe Cataluña, pero sobre todo dóenos Galicia", na que ve unha fractura cuádrupla para a que Feijóo "carece de proxecto".


Adiantou, así, que pola tarde explicará "cáles son as liñas de saída" desta situación de fracturas social, de xénero, xeracional e territorial.


"NON HAI PLANS DE FUTURO"


"O balance parecía máis ben unha película de debuxos animados". Así o expuxo Luís Villares, que atopou o discurso de Feijóo "decepcionante, á altura do último ano do goberno".


O portavoz de En Marea lamentou que o presidente obviase a realidade e os problemas máis importanes. E criticou que "non hai plans de futuro", nin para a mocidade, nin para a violencia de xénero, nin para "as persoas que deixou tiradas durante a crise".


"REALISTA E ILUSIONANTE"


Pedro Puy, en cambio, felicitou a Feijóo por un "discurso realista, centrado nos poblemas de Galicia".


O portavoz do PPdeG destacou os anuncios feitos polo presidente nunha intervención que cualificou de "ilusionante, que sitúa a Galicia nunha situación de crecemento e cohesión social".


relacionada Feijóo acepta falar de autogoberno e analizar unha posible reforma do Estatuto

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress