​Máis de 300 mozos de Santiago participarán nun plan de emprego xuvenil do Concello

|

Noriegaconcello


A xunta de goberno de Santiago aprobou este venres as bases e o procedemento para a selección das persoas participantes no Plan Xuvenil de Integración Profesional Mocidade con Emprego. Trátase dun programa que se vai desenvolver no período 2017-2020, e que ten como obxectivo mellorar a empregabilidade da mocidade de Santiago, a través da creación de itinerarios formativos profesionais.


O alcalde, Martiño Noriega, salientou que este plan "é moi ambicioso, tanto polo seu orzamento polo número de mozos e mozas que se poderán beneficiar del". O programa ofertará 323 prazas, das que 227 serán para mulleres. Ademais, resérvanse 96 prazas para participantes con discapacidade, migrantes, de orixe estranxeira ou poboación xitana. Os participantes deberán ter máis de 16 anos e menos de 30 e estar desempregados. Terán prioridade os mozos e mozas empadroados en Santiago.


A posta en marcha do programa Mocidade con Emprego é posible grazas á subvención de máis de 1,5 millóns de euros que o Concello de Santiago obtivo do Fondo Social Europeo.


PERSOAS CON DISCAPCIDADE


Ademáis, o concello salienta nun comunicado que a Xunta de Goberno adoptou "dous acordos de especial interese para as persoas con discapacidade". Un deles é a aprobación das bases das axudas para o uso do servizo de taxi como medio alternativo adaptado. O importe destinado a esta nova liña é de 15.000 euros.


Ademais, deuse conta da sinatura do convenio de colaboración entre o Concello de Santiago e a Asociación Inserta Empleo, dependente da Fundación ONCE, para desenvolver actividades que favorezan a integración laboral das persoas con discapacidade.


relacionada O servizo de comedores escolares de Santiago ten xa uns 900 nenos inscritos
relacionada Martiño Noriega critica que ao PP só lle interese "o turismo a granel"
relacionada ​A Valedora arquiva os expedientes contra Santiago polas persoas sen fogar

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress