O servizo de comedores escolares de Santiago ten xa uns 900 nenos inscritos

O concello destaca que todas as familias que solicitaron praza están admitidas e poderán comezar a partir do día 11.


|

Comedorescolar 2Imaxe de arquivo dun comedor escolar.

O Concello de Santiago de Compostela poñerá en marcha o 11 de setembro de 2017 o servizo de comedores e madrugadores nos seguintes centros de ensino públicos: Apostólo Santiago, Quiroga Palacios, Fontiñas, Roxos-Villestro, Vite, Mestre Rodríguez Xixirei (Lavacolla), Monte dos Postes, Raíña Fabiola, Ramón Cabanillas e, no caso do CEIP Arquitecto Casas Novoa, só o servizo de madrugadores. As familias xa inscribiron a uns 900 nenos e nenas que farán uso destes servizos.


O servizo de comedores e madrugadores organízase polo concello de Santiago de Compostela no marco dun convenio de colaboración coa Consellería de Educación para prestar un servizo ás familias con menores a cargo, favorecendo a conciliación da vida laboral, familiar e persoal, e a adquisición de valores e hábitos saudable desde a infancia.


Todas as familias que solicitaron praza no Rexistro Xeral do Concello están admitidas e comezarán a facer uso do mesmo na data que indicaron na ficha de inscrición. Non poderán facer uso de xantar e almorzo os usuarios con recibos impagados de cursos anteriores.


Aquelas familias que non solicitaron o servizo e o necesiten, teñen que realizar a correspondente tramitación a través do Rexistro Xeral do Concello, cubrindo o impreso correspondente, que poden descargar da web municipal.


Ademais, a empresa concesionaria do servizo, para facer efectiva o alta no servizo de comedores e madrugadores, entregaralle a cada familia que o utilice, unha ficha a efectos de facturación que deberán cubrir e entregar ao coordinador do comedor de cada centro educativo.


relacionada Santiago propón a Serunión como adxudicataria dos comedores escolares
relacionada O Concello de Santiago inicia a contratación dos comedores escolares

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE