Mércores, 23 de Agosto de 2017 10:14




Número de contacto (34)678803735
redaccion@galiciapress.es

A Constituínte de Maduro instálase a pesar do rexeitamento internacional

|

Venezuelamadur


A Asemblea Constituínte, impulsada polo Goberno de Nicolás Maduro e integrada só por chavistas, quedou instalada finalmente no Palacio Lexislativo, que aloxa tamén a Asemblea Nacional, de maioría opositora.


A pesar do rexeitamento internacional, os membros da Asemblea Constituínte irromperon na sede parlamentaria enarborando os cadros do presidente falecido Hugo Chávez e do liberador latinoamericano Simón Bolívar, que foron retirados cando a Asemblea Nacional cambiou de cor política, en 2016.


Os constituíntes instaláronse no Salón Elíptico do Palacio Lexislativo, que depende do Goberno venezolano. Ambas as cámaras deberán convivir no mesmo edificio, o que podería desencadear novos disturbios no lugar, que xa viviu enfrontamentos físicos entre chavistas e opositores.

relacionada A Embaixada española, vítima da violencia en Venezuela
relacionada O réxime de Maduro inflou os resultados da votación do domingo
relacionada Venezuela debuxa a súa división con dúas Cámaras que se deslexitiman entre si

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Pombapress animation 1

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress