Luns, 21 de Agosto de 2017 06:40




Número de contacto (34)678803735
redaccion@galiciapress.es

A Embaixada española, vítima da violencia en Venezuela

|

Coctelmolotov

Lanzaron dous cócteles molotov desde unha moto.


O Ministerio de Asuntos Exteriores confirmou un ataque contra a Embaixada de España en Caracas con cócteles molotov este pasado xoves, aínda que non provocou danos nin feridos, detallaron fontes do Ministerio a Europa Press.


Segundo estas fontes, o embaixador de España en Venezuela, Jesús Silva, cualificou o incidente como "menor" xa que só un dos artefactos lanzados contra a sede diplomática chegou a explotar, e fíxoo "sen danos nin feridos".


A Fiscalía venezolana abriu unha investigación para esclarecer o ataque contra a Embaixada de España en Caracas. O Ministerio Público informou en Twitter da apertura dunha investigación, despois de que varios medios alertasen dun suposto ataque con cócteles molotov contra o edificio. Os artefactos serían lanzados por persoas a bordo dunha motocicleta.


O Goberno de España anunciou que non recoñecerá a Asemblea Nacional Constituínte que será instalada este venres e coa que o presidente de Venezuela, Nicolás Maduro, quere cambiar a Constitución.

relacionada Venezuela somos todos
relacionada Maduro atrasa un día a toma de posesión do "órgano plenipotenciario"
relacionada O réxime de Maduro inflou os resultados da votación do domingo

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Pombapress animation 1

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress