Venres, 18 de Agosto de 2017 08:56




Número de contacto (34)678803735
redaccion@galiciapress.es

Venezuela debuxa a súa división con dúas Cámaras que se deslexitiman entre si

|

Maduro


Venezuela vive esta semana o enfrontamento sen cuartel entre a Asemblea Nacional, de maioría opositora, e lexítima depositaria do poder lexislativo, e a nova Asemblea Constituínte xurdida das eleccións do pasado domingo e que boa parte da comunidade internacional se prestou a non recoñecer e, mesmo, a condenar.


A Asemblea Nacional aprobou unha resolución na que considera a Asemblea Constituínte como "poder ilexítimo". Mentres, esta prepárase para instalarse na mesma sede que acolle regularmente a actividade da Asemblea Nacional.


Así, ábrese a incógnita sobre que lugar ocuparán os representantes de ambas as Cámaras e sobre se os parlamentarios opositores serán desaloxados pola forza. 


Amplía esta información en Pressdigital.

relacionada A violencia continúa en Venezuela tras unha xornada electoral sanguenta
relacionada A tensión pola deriva de Venezuela replícase en Galicia

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Pombapress animation 1

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress