Villares valora que Ferreiro recoñeza que "o papel do portavoz é complicado"

|

Luisvillaresxulioferreiroenmarea 1


O dirixente de En Marea Luís Villares valorou que o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, recoñecese que "o papel do portavoz é complicado sempre" e destacou que traballa "como desde o primeiro día" para que "todo no espazo de confluencia" sexa "o mellor posible".


Villares pronunciouse deste xeito ao ser preguntado polas afirmacións do rexedor herculino que, nunha entrevista concedida a Europa Press, considerou "anómalo" que a lista que gañou por maioría as eleccións internas de En Marea non sexa a que coordina. Ademais, na entrevista, asegurou que "o que un espera dun portavoz parlamentario e portavoz de En Marea é que sirva de aglutinador de diferentes sensibilidades".


Respecto diso, o ex maxistrado lucense considerou que o feito de que Ferreiro recoñecese que o papel dun portavoz "é complicado" supón "un punto de partida". "Con ese punto de partida, traballamos para que todo o proceso de unidade popular siga avanzado", apuntou.

relacionada Xulio Ferreiro reprocha a Feijóo que faga política de "castigo" coas 'cidades do cambio'
relacionada Xulio Ferreiro critica o rumbo tomado por En Marea: "Algo non se está facendo ben"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress