O Fabril consegue o obxectivo de regresar á Segunda B

Os coruñeses impuxéronse na casa, en Riazor, nun encontro que puido torcerse ao final para o filial branquiazul.


|

ManteofabrilXogadores e adestrador celebran o ascenso. //Fonte: RC Deportivo

O Fabril tiña nos seus pés este mediodía en Riazor a posibilidade de resolver a tempada con o gran obxectivo do ano, o ascenso a Segunda B, e non a desaproveitou. Nun partido complicado, os de Cristóbal conseguiron impoñerse ao Cacereño por 2 goles a 0 e asinar o regreso a Segunda B ao gañar a eliminatoria directa entre os campións dos diferentes grupos de Terceira.


Tras uns primeiros instantes de dominio alterno no que ambos os equipos trataron de marcar territorio e mostraron a súa maneira de entender o partido, as primeiras aproximacións á área, sen remate final, chegaron por parte dos visitantes.


Coma na ida, os estremeños empregáronse con contundencia ante un Fabril ao que lle custaba chegar en xogada e seguiu tendo as ocasións máis claras a balón parado, como un disparo á saída dun córner que non puido conectar Lucas en boca de gol.


O mesmo lle sucedeu a Pinchi cun balón centrado en xogada pola dereita de Jardel, na aproximación máis clara da primeira parte, xa ao fío do descanso. Un descanso ao que se chegou co susto máis importante do partido por un remate moi próximo á escadra de Pino tras rematar unha falta colgada á área.


A segunda metade non puido empezar mellor para o Fabril. Unha gran xogada en ataque con rápida triangulación acabou nos pés de Borja Galán, que rematou raso por baixo a Camacho adiantando ao Dépor B no marcador.


Coa vantaxe no partido o Fabril buscou un xogo máis combinativo aínda que menos vertical, que o Cacereño tentou atallar con dureza. Os vistantes apenas inquietaron a Álex Cobo e o Fabril tampouco dispuxo de claras oportunidades para ampliar vantaxe no marcador.


O ascenso puido irse ao traste no minuto 84 pero un paradón de Álex Cobo evitouno. Nas postrimerías do encontro o capitán do Dépor B, Álvaro Queijeiro, puxo a guinda a un partido sufrido co 2-0 que certificou a vitoria e o ascenso do Fabril a Segunda B para a próxima tempada.

relacionada O Ourense CF xógase o ascenso á Terceira
relacionada O Mecalia Atlético Guardés conquista a súa primeira liga

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE