O Mecalia Atlético Guardés conquista a súa primeira liga

|

Atlguardes


O Mecalia Atlético Guardés de José Ignacio Prades fixo historia ao conquistar por primeira vez o cetro da liga Loterías de Balonmán Feminino. 


As galegas dependían de se mesmas, xa que unicamente tiñan que sumar un punto ante o KH-7 Granollers para gañar o título. O equipo de José Luis Villanueva, con todo, opoñía unha gran resistencia na primeira metade, mesmo sen Laura Steinbach convocada. O conxunto galego, iso si, conseguía remontar ao termo da primeira parte e abandonar a pista ao descanso con vantaxe. E no segundo acto, o fulgurante regreso a pista das locais ía deixar en grave estado o equipo vallesano que, ao cabo, sufría unha clara derrota.



O Super Amara Bera Bera, á súa vez, tiña que gañar no Palacio dos Deportes de León e esperar unha derrota do seu rival. E en verdade, cumpría coa súa parte do trato, pero recibía con desgusto a noticia da vitoria do Mecalia Atlético Guardés que rompe a súa hexemonía na máxima categoría do balonmán feminino español. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress