O Ourense CF xógase o ascenso á Terceira

O club quere celebrar o seu 40 aniversario cun novo ascenso, que está pelexando co Arenteiro ata o último momento.


|

Ourense Moaa 20170226173601 176


Este domingo, o Ourense CF tentará celebrar o seu 40 aniversario ascendendo á Terceira División Española excedendo o seu rival, que pelexa pola mesma praza, o Arenteiro. Así, a partir das 18h da tarde no Couto, o Ourense enfrontarase ao Gondomar, que non se xoga nada.  


O Arenteiro empatou este domingo pasado ante O Grove, un equipo vido a menos a medida que foron pasando as xornadas ata o punto de non depender xa de si mesmo, e que agora só pode gañar ao Portonovo e esperar un tropezo do equipo da capital.


A xesta do Ourense, con todo, é algo a ter en conta. Un club de barrio que empezou hai corenta anos chamándose coma o restaurante que os patrocinaba, sendo ese o único ingreso que tiñan, baixo a presidencia de Plácido Díaz.


Despois dunha proxección constante ata sufrir derrotas en tres promocións de ascenso a Segunda B, o Ourense CF, hoxe con Camilo Díaz, o fillo de Plácido, na presidencia, cumpre 40 primaveras esperando volver ao fútbol profesional.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE