recortes

O consultorio de Soutelo de Montes só abrirá catro horas e media cada día este mes

O Sergas bloquea as citas médicas a primeira e última hora da mañá ata mediados de agosto, nun centro sobre o que pesa unha ameaza de desmantelamento.

Vigo conta hoxe con só "a metade das matronas mínimas imprescindibles"

O alcalde trasládalle ao Sergas a demanda de profesionais sanitarias da área e esixe "que se resolva de forma inmediata".

A Costa da Morte organízase polos dereitos dos pacientes

Está convocada unha reunión en Carnota para crear unha asociación que una as forzas do sector e os usuarios da sanidade pública.

Aumenta a espera media para operarse e para a primeira consulta

A Xunta aínda non foi capaz de baixar ao máximo de 60 días que marca a lei para as cirurxías. O hospital concertado Povisa segue sendo un lastre.

As unidades de neonatoloxía e paliativos do Chuvi, "desbordadas"

Tanto no Meixoeiro coma no Álvaro Cunqueiro, as profesionais de enfermería atenden a máis pacientes co mesmo persoal.

A Xunta consuma o peche anunciado dos colexios de Outes e As Pontes

Educación non aclara a situación na que deixa os profesores que nestes momentos quedaron sen destino.

A Xunta deixa sen cubrir só en Ourense máis de 60 vacantes na loita contra incendios

"Comezamos as protestas antes da campaña de máximo risco para que a Administración non nos tache de oportunistas", proclaman desde os sindicatos.

O Sergas desmantela un centro de saúde de Forcarei por aforrar 50.000 euros

"É iso o que valemos os veciños?", protestan, ao consideralo un "agravio para quen vive no rural".

Un verán "a pleno rendemento" para reducir as listas de espera hospitalaria

CCOO insta ao Sergas a aproveitar a época estival no canto de "teimar" en pechar camas, servizos, plantas e manter quirófanos inoperativos. 

O hospital de Lugo pecha no verán unidades "co 100% de ocupación ao longo do ano"

CIG-Saúde acusa o Sergas de "non ter en conta a necesidade da poboación" nin "moito menos as necesidades do persoal".

Unha anciá soporta viaxes de 6 horas ao seu tratamento tendo un hospital á beira da casa

A muller, natural de Carnota, ten que se levantar tres días á semana ás 5:30 para acudir ás súas sesións de hemodiálise en Santiago, tendo o de Cee a 20 minutos

Ao PP non lle basta a poboación de Ourense para restablecer a cirurxía pediátrica do CHUO

Unha xubilación e un traslado deixaron o hospital cun só cirurxián pediátrico. A solución do Sergas, mandar os nenos a Vigo.

Un de cada catro parados galegos vive nunha situación de desemprego crónica

UGT sostén que os datos demostran o "fracaso" da Xunta, que recortou máis dun 36% desde o 2008 en políticas activas de emprego.

A Xunta analizará a carga de traballo de 16.000 funcionarios da Administración galega

Calculará o media de tempo que invisten en realizar as súas tarefas | Buscan reducir o gasto mediante a rebaixa de contratacións externas, e a oposición sospeita de novos recortes. 

A oposición urxe un plan de saúde mental, a "irmá pobre" da sanidade pública

O PSdeG reclama recursos e reprocha que Sanidade prefira "non ter un plan" que utilizar o elaborado polo bipartito.

Denuncian á xerencia do CHUAC e do CHUS ante a Fiscalía pola espera de pacientes nos corredores

Cuestionan a utilización dos corredores como dependencias de atención sanitaria cando son estancias de paso, e achacan estas situacións aos "recortes en persoal e servizos"

O tratamento da hepatite C chegará este ano aos pacientes leves

Almuíña mantense na súa defensa dos dous altos cargos do Sergas que están a ser investigados por suposto homicidio imprudente.

O deterioro na hospitalización psiquiátrica derivou nunha agresión e un suicidio en Santiago

O Movemento Galego da Saúde Mental lembra as súas reiteradas chamadas de atención contra os recortes que debilitan a calidade asistencial e a seguridade.

Traballadores da sanidade reclaman a recuperación dos seus salarios e dereitos recortados

Os sindicatos esixen que se convoque de inmediato unha mesa sectorial e se estableza un calendario negociador.

Persoal do Chuvi concéntrase parar reclamar "medidas sostidas, non puntuais"


"É insostible que coa necesidade de camas, o colapso en urxencias e a lista de espera que hai, o Meixoeiro estivese a medio rendemento en canto a camas", critican.



Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE