Aumenta a espera media para operarse e para a primeira consulta

A Xunta aínda non foi capaz de baixar ao máximo de 60 días que marca a lei para as cirurxías. O hospital concertado Povisa segue sendo un lastre.


|

CirugiaoperacionA Xunta, incapaz de reducir as listas de espera.


O tempo de espera media para operarse en Galicia sobe lixeiramente a 62,2 días ao peche do primeiro semestre de 2017 fronte ás 61,6 xornadas do mesmo período de 2016; mentres que a demora para unha consulta está en 38,3 días, o que supón tres máis que en 2016 (35,2 días).


A cifra nas operacións está por riba do máximo de 60 días que estableceu o PP na Lei de Garantías Sanitarias aprobada en 2014 e que a Xunta aínda non foi capaz de cumprir.


En rolda de prensa, o xerente do Sergas, Antonio Fernández-Campa, quixo destacar a redución do tempo nas patoloxías máis graves no primeiro semestre en Galicia, que se sitúa en 15 días, por baixo do obxectivo de 30 días do Sergas e 1,6 xornadas menos que hai un ano. Nestes casos, afirmou que a comunidade se coloca "entre as mellores en tempos de cirurxía e consultas".


Ao peche do primeiro semestre, había en lista de espera para operarse no Sergas --incluíndo o hospital concertado de Povisa-- 37.904 pacientes cunha demora media de 62,2 días --59,8 tendendo en conta soamente os hospitais públicos sen Povisa--.


Do total de pacientes en lista de espera, 28.652 persoas teñen unha demora de ata tres meses; 7.951, entre tres e seis meses; 1.219, entre medio e un ano; e 82 agardan máis dun ano.


CONSULTAS


Mentres se realizaron 16.007.098 consultas entre xaneiro e xuño, o que supón 345.210 máis que no mesmo período do ano anterior. Fernández-Campa comentou que supón unha media dunhas 127.040 consultas cada xornada.


O tempo medio de demora para unha consulta hospitalaria situouse ao final de xuño en 38,3 días --fronte aos 35,2 de hai un ano-- e 162.221 pacientes en lista de espera. Deles, 151.198 agardan menos de tres meses; 10.590, entre tres e seis meses; e 433, entre medio e un ano.


PROBAS E VÍAS RÁPIDAS


Entre xaneiro e xuño, 8.749 pacientes beneficiáronse das vías rápidas implantadas, e tiveron unha espera de 4,6 días, o que implica 3,2 xornadas menos de demora. As de mama e colon concentran o 61 por cento, segundo os datos do Sergas, que destaca que "todas están por baixo do obxectivo de 15 días" --mama con 3,1; colon, con 5,6; e melanoma, con 3, entre outras--.


Sobre probas diagnósticas, no primeiro semestre de 2017, realizáronse 1.524.239 cun tempo medio de espera de 69,1 días ao peche de xuño de 2017. 

relacionada O peche de camas provocará un aumento das listas de espera e "das listas do paro"
relacionada Un verán "a pleno rendemento" para reducir as listas de espera hospitalaria
relacionada O Defensor do Paciente reprocha ao Sergas a opacidade nas listas de espera

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE