O hospital de Lugo pecha no verán unidades "co 100% de ocupación ao longo do ano"

|


Lucusaugustihula


CIG-Saúde denunciou o peche de camas no Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo, así como de unidades "co 100% de ocupación ao longo do ano" e acusan o Sergas de "non ter en conta a necesidade da poboación" nin "moito menos as necesidades do persoal".


Así, segundo un comunicado, a central nacionalista ironiza con que "o peche de camas" durante o verán é chamado "adecuación dos recursos de hospitalización á actividade asistencial".


"En realidade do que se trata é dun recorte máis", apostilou Carme Aira, de CIG-Saúde, quen denuncia que "a estas alturas" xa se sabe "cales son as mentiras do sistema para autoxustificarse: a maquillaxe de datos, as reticencias aos ingresos, as esperas non estruturais".


Tras isto, criticou que o Sergas comunique "o tanto por cento de camas que permanecen activas" pero non "o prexuízo que para pacientes e profesionais pode supoñer tal cuestión".


Ademais, alerta que o persoal "a estas alturas non sabe onde vai desenvolver o seu traballo durante o verán e, por encima, como sucedeu outros anos, acabarán sendo un 'pool' de substitución por toda a casa".

relacionada A Marea Branca augura "novos colapsos en urxencias" polo peche de camas no verán

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress