Angrois

O mércores comezará en Santiago o xuízo pola traxedia do tren Alvia

Debido ao elevado número de partes da vista, a Xunta de Galicia habilitou a Cidade da Cultura para a celebración do xuízo

Oito anos e catro gobernos despois, as vítimas do Alvia seguen loitando para que se faga xustiza
"Pasaron case 3.000 días, 4 gobernos e 4 ministros de fomento, e seguimos sen unha investigación independente", reclaman os familiares
Oito anos despois a Xustiza pide a ADIF unha fianza millonaria antes do xuízo do Alvia en 2020
O maxistrado require aos investigados ou ás aseguradas unha fianza por case 58 millóns para fai fronte a posibles indemnizacións
Feijóo pediu menos seguridade no AVE para que chegase antes, acusa o Ministro Ábalos, algo que nega a Xunta

"O señor Ábalos é especialista en inventar escusas cando se atopa en problemas. As peticións galegas son claras, están recollidas por escrito e non figura un AVE con sistema ASFA en ningunha delas" , reacciona inmediatamente o Goberno Galego ás duras acusacións do ministro, que chegou a relacionar as supostas présas de Feijóo co accidente do Alvia en Angrois, onde non estaba implementado o sistema de mellor seguridade que si tendra os novos tramos.

Vitoria para as vítimas do Alvia ao reabrir a Xustiza a investigación polo borrado de datos en Talgo

"Contentos de que se investiguen todos os feitos porque queremos saber toda a verdade" valoran desde a plataforma de vítimas de Angrois. A Xustiza dita a reapertura da causa para "que se investiguen todos os feitos", en concreto tras a denuncia dun extrabajador de Talgo que asegura que responsables da empresa ordenaron o borrado de datos sobre avarías do tren transcorridos escasos minutos do sinistro.

Caso Alvia: un paso máis preto de que se investigue se Talgo borrou avarías críticas do tren


O xuízo pola traxedia de Angrois, onde só están imputados o maquinista e un cargo de ADIF, podería dar un envorco se a Xustiza ve crible, como parece tras a decisión da Fiscalía hoxe, a sorprendente confesión dun ex-traballador de Talgo

Talgo ordenou borrar probas de avarías no Alvia media hora despois do accidente de Angrois, confesa un empregado
Os afectados piden ao xuíz que testifiquen este mecánico e outros tres empregados da empresa ferroviaria
As vítimas do Alvia denuncian levar un ano ignorados por Fomento
A plataforma de vítimas do accidente de Angrois denunciaron que levan "365 días ignorados" polo ministro de Fomento, José Luis Ábalos, a pesar de que este asegurou que "recibiría" aos afectados polo accidente "cada vez que faga falta".
Vítimas de Angrois piden unha reunión con Pedro Sánchez ao que acusan de "ningunearlos"

A plataforma de vítimas do accidente do tren Alvia que deixou 80 mortos en xullo de 2013 en Angrois (Santiago) pedíronlle por escrito unha reunión ao presidente do Goberno en funcións, o socialista Pedro Sánchez.

As vítimas do Alvia acusan a Sánchez de facer o mesmo que Rajoy (vídeo)

Para o sexto aniversario da traxedia, que se cumprirá esta semana, a Plataforma Vítimas Alvia 04155 publicou un vídeo no que insisten en que a demanda de Xustiza.

Seis anos reclamando Xustiza para as vítimas do Alvia de Angrois

O vindeiro mércores 24 de xullo cúmprense seis anos do accidente ferroviario que supuxo a morte de 80 persoas e que deixou a 144 feridos no barrio compostelán de Angrois, ao descarrilar un tren Alvia que circulaba cun exceso de velocidade por un descoido do maquinista nunha liña que non dispoñía dunha adecuada análise de riscos no seu tramo final, onde aparece a primeira curva tras un traxecto case rectilíneo desde Ourense.


​“Cando defendo un asunto galego en Europa nunca pregunto se os interesados son do BNG”

Até os rivais políticos adoitan recoñecer o traballo de Ana Miranda (Cuntis, 1971) en Bruxelas a prol dos intereses galegos. A reprimenda da UE a España por non investigar ven o accidente de Angrois é se cadra o exemplo máis coñecido. A eurodeputada do BNG sabe deste recoñecemento e, nesta entrevista en Galiciapress, confía en que sirva para alcanzar a cuarta acta para Agora Repúblicas, e así a acta de deputada fixa para toda a lexislatura. Os detalles do pacto do Bloque con ERC e Bildu, as enquisas e o avance da ultradereita son outros dos temas desta conversa.

A era de Pedro Sánchez provoca o adeus á política de José Blanco

Quen outrora fose gran referente do PSdeG queda fóra da listas ao Parlamento Europeo, internamente lastrado pola súa falta de sintonía co sanchismo e electoralmente tocado polas sospeitas sobre o accidente do Alvia en Angrois.

O exministro pide "desculpas" ás vítimas do Alvia, que protestan na porta (Vídeos)

Mentres, un grupo de vítimas protestaba na porta da Cámara. A Plataforma que as agrupa temen un pacto de PP e PSOE para dar carpetazo en falso ao caso, librando de toda responsabilidade a Ana Pastor e José Blanco. 

Bruxelas expedienta a España por “deficiencias” en seguridade ferroviaria en casos como o de Angrois

As demandas que as victimas de Angrois presentaron á Eurocámara motivaron que a Comisión Europea considere que os procedementos de control da seguridade ferroviaria españois "non cumpren os requisitos" da normativa comunitaria.

O auto do Alvia, que evidencia que o único culpable non foi o maquinista, resulta insuficiente para as vítimas

Satisfeitas, por unha banda e insatisfeitas por outra. Así valoran as vítimas do Alvia o auto "de mínimos" do peche de instrución da traxedia da curva de Angrois. 

Caso Alvia: “ADIF non cumpriu co seu deber tolerando a exportación do risco ao maquinista", di a Xustiza

O maxistrado acorda que o procedemento se siga contra o condutor do tren e o director de Seguridade na Circulación de ADIF no momento de posta en funcionamento da liña

Cargo de Fomento desmonta a escusa do Ministerio sobre o accidente do Alvia
O autor deste protocolo escribe ao presidente da comisión do Congreso e aos grupos para evitar que se estea "faltando á verdade"
Fomento subliña que abrir unha nova investigación sobre Angrois "depende da propia CIAF"

Ábalos remítese ao desmentido do expresidente deste órgano, que "di non dicir" que Pastor impediu reabrir os traballos.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE