Oito anos despois a Xustiza pide a ADIF unha fianza millonaria antes do xuízo do Alvia en 2020

O maxistrado require aos investigados ou ás aseguradas unha fianza por case 58 millóns para fai fronte a posibles indemnizacións

|

"Unha xustiza lenta non é xustiza" quéixase a plataforma de vítimas do accidente do tren Alvia ocorrido en Angrois (Santiago). Con todo, os afectados están contentos co paso dado hoxe.


Arquivo - Andrés Cortabitarte, o cargo de Adif investigado polo Alvia

Arquivo - Andrés Cortabitarte, o  excargo de Adif acusado polo Alvia 



O titular do Xulgado de Instrución número 3 de Santiago, Andrés Lago, acordou a apertura de xuízo oral contra o maquinista do Alvia sinistrado en Angrois o 24 de xullo de 2013 e para o que era o director de Seguridade na Circulación de Adif no momento de posta en funcionamento da liña.

SUPOSTOS DELITOS E PENAS RECLAMADAS
Segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), Lago deu por formuladas as acusacións contra ambos por se os feitos que se lles imputan fosen constitutivos de 80 delitos de homicidio por imprudencia grave profesional, de 145 de lesións por imprudencia grave profesional e dun delito de danos.

A Fiscalía solicita para cada un deles catro anos de prisión. Ademais, demanda que o maquinista, Francisco Garzón, sexa inhabilitado para a súa profesión durante o tempo da condena.

Para o outro acusado, o exresponsable de seguridade de Adif, Andrés Cortabitarte, que saíu da dirección da empresa pública o pasado mes de maio, require a inhabilitación durante o mesmo período para o exercicio de calquera profesión que implique xestión, seguridade ou responsabilidade en infraestruturas ferroviarias.

Ambos serán axuizados polo Xulgado do Penal número 2 de Santiago, cuxa titular é a xuíza María Elena Fernández Currás. O presidente do TSXG apuntou ao primeiro trimestre de 2022 como data para a súa celebración, mentres que o instrutor, que tamén é decano dos xuíces de Santiago, sinalou á Cidade da Cultura como único escenario viable.

FIANZA MILLONARIA
No auto, o maxistrado require aos dous investigados e, no seu caso, ás aseguradoras, como responsables civís directas, ou ás entidades públicas Renfe Operadora e Adif, como subsidiarias, para que presten unha fianza de case 57,7 millóns de euros. Todo iso co obxectivo de asegurar as responsabilidades pecuniarias que se lles puidesen impoñer na sentenza.

Así mesmo, o instrutor apercibiulles de que, de non prestala, embargaránselles bens en cantidade suficiente para asegurar esa suma.

De conformidade co artigo 784.1 da Lei de Axuizamento Criminal, tras a notificación do auto, realizada este mércores, os acusados e os responsables civís teñen un prazo de tres días para comparecer na causa cun avogado e procurador ou, no seu caso, ratificar os xa designados. Contra a resolución non cabe interpoñer recurso, excepto no relativo á situación persoal dos acusados.

OITAVO ANIVERSARIO
A apertura de xuízo oral coincide no tempo coa celebración, este sábado, do oitavo aniversario da traxedia, motivo polo que algunhas das vítimas viaxarán a Santiago estes días.

Oito anos nos que a investigación avanzou con dous xuíces ao cargo e varios peches e reaperturas. O primeiro dos instrutores, Luís Aláez, chegou a imputar, xunto ao maquinista, á antiga cúpula de Adif.

Despois, os ditames de Europa, onde recorreron as vítimas do sinistro da man do BNG, e a Audiencia Provincial da Coruña, que ordenou investigar se se avaliaron ben os riscos na liña, foron fundamentais para que a causa pechouse con Cortabitarte como investigado xunto a Garzón.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE