Buscan un veciño da Cañiza desaparecido desde o xoves
Manuel Álvarez, que mide 1,70, é de complexión delgada e ten o pelo moreno e ollos verdes, saíu o pasado mércores a dar un paseo polo río Deva e non volveron saber nada del.
Voluntarios, Garda Civil e persoal da Axencia Galega de Emerxencias (Axega) buscan a Manuel Álvarez Casal, un home de 56 anos veciño do municipio pontevedrés da Cañiza que leva desaparecido desde o mércores.
Segundo trasladou o 112 Galicia, a familia alertou da desaparición á central de emerxencias o xoves, despois de buscalo cos seus propios medios e non localizalo.
A última vez que o viron foi nas proximidades do seu domicilio, na parroquia de Valeixe. Até alí desprazouse este sábado o Grupo de Apoio Loxístico (GALI) da Axega cos drones para continuar coa procura.
Manuel Álvarez, que mide 1,70, é de complexión delgada e ten o pelo moreno e ollos verdes, saíu o pasado mércores a dar un paseo polo río Deva e non volveron saber nada del.
Nos labores de procura participan tamén voluntarios de Protección Civil de Cortegada e Oitavén-Tea, así como axentes da Garda Civil.
Escribe o teu comentario