O salario mínimo en Galicia e o seu poder adquisitivo: van da man?

As subidas do salario mínimo interprofesional (#SMI) en xeral non lograron paliar a inflación, sobre todo en canto á cesta da compra. No caso galego, e aínda que as subidas salariais si supoñen melloras económicas para os traballadores e traballadoras, hai datos que apuntan a unha perda de poder adquisitivo que pode ir aumentando en caso de non aplicar medidas anti-inflacionistas


|

El peso de los salarios en el PIB gallego sube una décima en 2018, tras ocho años de caída
O peso dos salarios no PIB galego sobe unha décima en 2018, tras oito anos de caída


Os e as traballadoras galegas por conta allea viron incrementar as súas nóminas no caso de non estar baixo convenio de empresa. O Salario Mínimo Interprofesional (#SMI) foi o cabalo de batalla tanto do Goberno presidido po Pedro Sánchez en xeral como do Ministerio de Traballo encabezado por Yolanda Díaz en particular. Aínda que aínda que o obxectivo desta medida foi a de mellorar salarios e con iso a situación económica da maioría das familias, actualmente, o contexto inflacionista mundial e concretamente o español non están a deixar paso ao optimismo xeneralizado. A cesta da compra experimentou subidas moi fortes nestes dous últimos anos e a subida do SMI non parece aumentar o poder adquisitivo dos salarios en Galicia.


 

PERDA DE PODER ADQUISITIVO

O salario medio en Galicia situábase a finais de 2023 en 1.749 euros ao mes. Así, as nóminas reflectiron unha subida dun 4,6% nesta comunidade. Con todo, esta subida está oito puntos por baixo da media española cuxo salario media está en 1.920 euros tras experimentar unha subida do 5,4%. Aínda así, un estudo do Grupo Adecco concluía que en España os salarios perderan poder adquisitiva fronte ao Índice de Prezos ao Consumo (#IPC) que non parou de subir. 
 

Os soldos en España perderon unha media do 2,6% de poder adquisitivo en 2023. Esta porcentaxe dedúcese despois de descontar a inflación, o total de valor que perdeu a moeda para realizar a compra de produtos e o acceso a servizos. Os salarios pois, perderon máis de dous puntos e medio de poder de compra. 

 

En Galicia , o mesmo informe apunta que esta comunidade perdeu case o 5% de poder adquisitivo (4,8% concretamente). Isto tradúcese para cada familia nunha perda anual de 1.047 euros menos para a compra e acceso a servizos. Esta caída só é superada por Asturias que está no 5%.


 

SUBIDA DE PREZOS EN GALICIA

O Instituto Nacional de Estatística (#INE) ofrecía a principios de 2024 unha subida xeneralizada dos prezos (#IPC) do 3,8%, superado en dúas décimas por Canarias (4% de aumento). Con todo, a subida en Galicia supera á media española que está en 3,4%, catro décimas menos que a galega. Os datos do INE indican ademais que a inflación a comezos de 2024 supera ao 3,2% de inflación a finais de 2023.
 

Seguindo coas estatísticas do INE, os alimentos e as bebidas non alcohólicas subiron os seus prezos case o 8% de media. A vivenda, a auga, a electricidade e outros servizos subiron case ao 2% os seus prezos, o calzado e a roupa soben un 3% mentres que a hostalaría incrementaba prezos un 6,6%. Tabaco e alcol subiron un 2,5%.

 

O poder adquisitivo ha baixado en toda España segundo o INE, aínda que con diferenzas notables entre autonomías. Se a media de perda en poder adquisitivo en España é de 619 euros, Galicia supéraa en 428 euros. Ademais de Galicia e Asturias, o País Vasco tamén sufriu unha baixada de poder adquisitivo do 4,6%.
 

As menos afectadas son Madrid (1,1%), A Rioxa (1,5%) e Navarra (1,8%). As que subiron o poder adquisitivo por encima do IPC son Baleares con 674 euros anuais e Canarias con 399 euros anuais.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE