O Corte Inglés conxela o prezo de 300 produtos da cesta básica durante tres meses, tamén en Galicia
A cadea frea os vaivéns do mercado cunha iniciativa que garante prezos estables durante 90 días en plena presión inflacionista sobre as familias galegas e españolas.
O Corte Inglés ha posto en marcha este xoves 23 de abril unha iniciativa para manter o prezo fixo de máis de 300 produtos de alimentación básica durante un período de 90 días. A medida, denominada "Garantimos a calidade a un prezo fixo", aplícase de forma simultánea en todos os seus establecementos Supercor, Hipercor e Supermercado O Corte Inglés, incluídos os que o grupo opera en Galicia.
O proxecto abarca artigos de todas as categorías habituais do fogar, cunha presenza especial de máis de 60 produtos frescos, tanto de marca propia como de fabricante, combinando así liberdade de elección con garantía de prezo. Entre os alimentos incluídos figuran o pito, a tenreira, a robaliza, o leite, o aceite de oliva virxe extra, os legumes, o arroz ou o café, así como cueiros e produtos de limpeza.
O obxectivo declarado da compañía é facilitar ás familias a planificación do gasto sen sobresaltos. A iniciativa non está concibida como algo puntual: ao termo de cada período de tres meses, o catálogo de produtos con prezo garantido renovarase, incorporando novas referencias á listaxe protexida.
CONTEXTO DE PREZOS EN ALZA
A medida chega nun momento de notable presión sobre os petos dos fogares galegos. Segundo datos da Organización de Consumidores e Usuarios (OCU), os prezos medios en supermercados subiron un 3% en 2025, cos alimentos frescos encarreciéndose un 6,7% de media, todo iso derivado das múltiples crises que han golepado os mercados nos últimos anos.
Con este movemento, a compañía súmase ás estratexias adoptadas por outras cadeas de distribución para conter o impacto da inflación na cesta da compra e fidelizar a unha clientela cada vez máis sensible ao prezo nun mercado crecientemente competitivo. A iniciativa convivirá coas promocións e descontos habituais da empresa.
Os produtos incluídos na campaña estarán claramente sinalizados en tenda mediante unha identificación específica por cores: verde en Supermercado O Corte Inglés, azul en Hipercor e vermello en Supercor.
Escribe o teu comentario