precios

Ir cear ou durmir fóra de casa en Semana Santa? Debes abrir o peto

Os prezos serán os máis caros en algo máis de 20 anos, segundo datos do Instituto Nacional de Estatística

 

Estes son os alimentos que máis soben do campo á mesa

En termos xerais, os produtos agrícolas incrementaron o seu prezo nun 4,68 desde o campo até o consumidor final, mentres que os produtos derivados da gandaría fixérono nun 3,03. Isto reflicte unha tendencia xeneralizada de aumento de prezos en toda a cadea alimentaria

Aumento de vivendas para uso turístico mentres o sector se ve "culpabilizado"

Os hostaleiros falan de competencia desleal e piden a actualización do marco legal

Sobe a tarifa do gas un 8,19% de media a partir deste luns

A tarifa de último recurso (TUR) de gas natural individual sobe polo aumento da cotización do barril Brent (+3,44%) e a depreciación do euro fronte ao dólar (-1,77%).

Mercadona, Gadis e Froiz, entre os supermercados máis baratos das cidades de Ourense e Pontevedra

Nun contexto de inflación onde a cesta da compra preocupa cada vez máis aos consumidores, Galiciapress analiza os supermercados máis baratos destas dúas cidades

A mensaxe viral dun percebeiro de Baiona en plena borrasca Efraín: "Vou xogarme a vida, espero volver saudarvos"

A mensaxe de Miguel, un percebeiro que estivo a traballar estes días en Baiona, fíxose viral o pasado luns e descubriu a moitos o perigo que esconde unha profesión na que o mínimo erro pode arrebatar unha vida. 

 

​O petróleo encarécese tras o bloqueo do Ever Given, que mostrou o vulnerable que é a Canle de Suez


A materia prima da maioría de combustibles está a aumentar de prezo desde principio de ano, en parte debido ás esperanzas dunha recuperación económica na segunda metade do ano que dispare a demanda


O ollomol e os percebes volven reinar no Nadal de 2020, ano do auxe dos conxelados

Confrarías e vendedores, especialmente os do sector dos produtos conxelados, miran ao Nadal con optimismo despois de que os resultados iniciais superasen con fartura as súas expectativas, especialmente despois da incerteza que rodeou ás festividades polas restricións aplicadas polo Goberno de España.

​O Goberno non se atreve a dar o paso para regular o prezo do aluguer: “Non adoita ser exitoso”

Nadia Calviño, vicepresidenta e ministra de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, mostrou cautela ante a posibilidade de aplicar algunha medida para poñer coto á subida indiscriminada do prezo do aluguer, unha tendencia que aos poucos se foi notando en todo o  territorio. 

Os aranceis de Trump afectan o marisco, mexillóns, lacteos e viño galego

A lista completa de produtos que pagarán un arancel dentro de dúas semanas, que se pode descargar máis abaixo, inclúe polo menos tres produtos con importancia na economía primaria galega: algúns mariscos e produtos do mar, produtos derivados do leite e licores. Un sindicato agrario reclama á UE unha resposta contudente.

Comprar unha vivenda en Sanxenxo é máis caro que comprala na Coruña e Vigo

Os prezos para comprar unha vivenda en litoral galego seguen crecendo, mentres que no interior de Lugo e Ourense a penas existe actividade inmobiliaria máis aló da xerada nas capitais de provincia. A clasificación de prezos por metro cadrado dado a coñecer por unha patronal inmobiliaria reflicte claramente esta brecha.

Gandeiros temen pagar a multa imposta ás empresas por pactar os prezos do leite

Catorce compañías leiteiras -entre elas as firmas que recollen máis leite en Galicia e as principais marcas galegas pactaron prezos vulnerando a libre competencia. A CNMC halles imposto unha importante multa, 80 millóns de euros, pero unha organización do sector alerta que ao final isto pode provocar unha nova caída dos prezos que reciben os produtores.

O IPC baixa ata o 1,9 en maio pola rebaixa dos carburantes e os paquetes turísticos

No que vai de ano, os prezos na comunidade galega acumulan un descenso do 0,2%

A CNMC multa con 20.000 euros a unha gasolineira de Viveiro e 4.600 a dúas de Guitiriz

O organismo alega que as estacións de servizo non remitiron información en relación a prezos en períodos de 2014, 2015 e 2016

Os prezos soben un 0,9% en abril en Galicia

No conxunto estatal, incrementáronse un 1% en abril en relación con marzo. 

Bruxelas eleva ata o 2,8% o crecemento de España en 2017

As "previsións de primavera" do Executivo comunitario recollen un incremento do PIB mesmo superior á previsión do Goberno, do 2,7%.

O "encarecemento da vida" desata protestas en toda Galicia

UGT e CC.OO. chaman a mobilizarse este domingo, día 19 de febreiro, en Santiago, A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense e Pontevedra.

A CIG convoca mobilizacións para recuperar dereitos "roubados coa escusa da crise"

UGT e CCOO anuncian unha quenda de mobilizacións para conseguir que o Goberno e as empresas sexan sensibles ás súas reivindicacións. 

Supermercados usan a campaña publicitaria dos gandeiros para afundir os prezos do coello

Os cunicultores senten que "están a tirar o diñeiro" ao investir nesta campaña de promoción da carne de coello, pois algúns supermercados volvérona na súa contra utilizando o coello como produto reclamo

Nadal aconsella "afacerse" ás subidas do prezo da luz

O ministro de Enerxía non cre que ao final os prezos sexan máis altos que en 2015 e critica que a Comisión Europea "está regulando un mercado que aínda non existe" porque non está totalmente interconectado.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE