​O encaixe de Camariñas, Premio Honorífico Nacional da Moda

Despois de 600 anos de historia desta técnica, calcúlase que hai unhas 2.000 palilleiras.


|

Camarinhas encaixe


O Concello de Camariñas recibirá este mércores de mans da Asociación de Jóvenes y Nuevos Diseñadores Españoles (Ande) o Premio Honorífico Nacional da Moda polo uso, conservación e transmisión do coñecemento na elaboración do encaixe de Camariñas, unha artesanía que conta con 600 anos de historia.


Para outorgar este premio, o comité de Ande tivo en conta a "dilatada traxectoria" desta arte en Camariñas, así como o "traballo constante e incansable" das 'palilleiras', "unha profesión centenaria que se herdou xeración tras xeración" e que, hoxe en día, agrupa a unhas 2.000 artesás.


A Mostra do Encaixe de Camariñas é o gran evento ao redor desta arte tradicional que desde 1991 se celebra na localidade. En 2018, un dos obxectivos do Concello é que esta Mostra anual sexa considerada como Festa de Interese Turísticas Nacional, polo que o Premio Honorífico Nacional á Moda supón "un paso máis para lograr esta meta".


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE