A XIV Edición do premio ‘Pura e Dora Vázquez’ recoñece a obra de Antonio Yañez Casal

Na categoría de ilustración infantil e xuvenil a galardoada foi María Díaz Serantes. 


|


Reyes colexio Ben Cho Shey

Os Reises de España na súa visita ao colexio 'Ben Cho Shey'.


O colexio público 'Ben Cho Shey' de Pereiro de Aguiar (Ourense) acolleu este luns o acto de entrega do XIV Premio de narración e ilustración infantil e xuvenil 'Pura e Dora Vázquez', instaurado pola Deputación de Ourense co obxectivo de recoñecer a calidade artística de traballos creados para nenos.


O escritor Antonio Yáñez Casal, pola súa obra 'Do meu nome e outras trapalladas', e a ilustradora María Díaz Serantes, recibiron o galardón de mans do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, nun acto que contou coa presenza de máis de 200 alumnos do colexio.


Durante a entrega, Manuel Baltar destacou a importancia deste evento, "que une infancia e cultura para que a literatura e os nenos sexan un ano máis os protagonistas deste galardón", apuntou. O autor e a ilustradora recibiron o seu respectivo diploma acreditativo dun premio dotado con 1.500 euros en cada unha das súas modalidades.


O xurado destacou da obra galardoada "a súa adaptación aos tempos que corren, na que o autor fai unha reflexión crítica sobre a familia, os amigos e a escola", así como o feito de que se trata dun texto "cun linguaxe directa e crítica". "Unha obra de lectura sinxela, que ten gran potencialidade para achegarse ao público novo e gañar lectores dentro desa franxa de idade, pois reflicte ben o mundo que nos rodea", apuntaron. En relación ás ilustracións de María Díaz Serantes, o xurado considera que "denotan un profundo traballo de debuxo e transmiten a sensación de que detrás delas hai unha artista con destacada orixinalidade".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE