Bruxelas quere abrir a lista de produtos e servizos que poden ter un IVE reducido
A Comisión Europea propón contar unicamente cunha lista de produtos 'de luxo' que non poden ser bonificados.
Pierre Moscovici presentou a proposta.
A Comisión Europea propuxo este xoves reformar o sistema actual de IVE para darlle máis liberdade aos países do bloque comunitario á hora de tomar decisións sobre os diferentes tipos deste imposto, eliminando a lista de bens e servizos que actualmente se poden beneficiar do tipo reducido.
O comisario de Asuntos Económicos e Monetarios, Pierre Moscovici, presentou nunha rolda de prensa a proposta lexislativa, que con todo necesita agora unanimidade entre os Estados membros para ser aprobada.
A nova proposta da Comisión Europea avoga por eliminar a lista actual de bens e servizos aos que se lles pode aplicar un tipo reducido, que será substituída por unha nova lista de produtos 'de luxo' aos que obrigatoriamente se lles ten que aplicar o tipo xeral.
Escribe o teu comentario