​Detido un home por roubar unha colección de cartas valorada en case 10.000 euros

|

Magic cartas rol


Axentes da Policía Nacional detiveron en Ourense a un home ao que se lle imputa a autoría dun delito de apropiación indebida dun cartafol que contiña cartas de xogo de rol valoradas en 9.864 euros que se achaba encima dunha máquina habilitada para aboar a estadía dos vehículos no aparcadoiro do Centro Comercial de Ponte Vella.


En marzo de 2016, mentres pagaba, o denunciante deixou sobre a máquina unha cartafol con máis de 100 cartas do xogo 'Magic The Gathering', unha colección de cartas de máis de 22 anos valoradas en 9.864 euros.


A continuación abandonou o lugar e deixou esquecido o cartafol sobre a máquina de pago. Unha hora despois decatouse do esquecemento, pero non a achou no lugar ao seu regreso.


O Grupo de Investigación da Comisaría provincial de Ourense, despois de solicitar toda a información e medios técnicos, identificou o presunto autor da apropiación indebida, pero sen poder localizalo, dado que a súa estancia en España é de seis meses e os outros seis en Suíza.


REGRESO


O día 15 de xaneiro deste ano, engade a Policía, recibiuse chamada desde o Servizo de Seguridade do centro Comercial, que comunicaba que entrara un vehículo conducido por un individuo, que coincidía coas características do presunto autor do delito de apropiación indebida cometido no ano 2016.


O vixiante de seguridade acordábase do individuo debido á colaboración que realizara co grupo de investigación da Comisaría de Ourense cando ocorreron os feitos denunciados.


Así, axentes da Brigada de Seguridade Cidadá, en colaboración coa Unidade de Delincuencia Especializada e Violenta, montaron un dispositivo no aparcadoiro do centro comercial, onde procederon á detención do presunto autor, que foi trasladado a dependencias policiais. Tras ser oído en declaración, quedou en liberdade.


Ao detido, de 64 anos de idade e natural da Coruña, non lle constan arrestos anteriores, concretou a Policía Nacional.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.
Cabecerarecomendadosgal 2
Cabeceraultimahora 2
Cabeceralomasleidogal 1


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress