A brecha salarial: unha problemática moi presente en Galicia

Unha de cada catro mulleres traballaba en 2016 a xornada parcial fronte ao nimio 6,6% dos homes


|


Brecha salarial


Unha de cada catro mulleres galegas (en torno ao 24,19%) traballaba a xornada parcial en 2016, mentres que o mesmo dato no caso dos homes era considerablemente inferior, do 6,6 % de acordo aos datos proporcionados polo Instituto Galego de Estatística (IGE)  nunha enquisa sobre os salarios do emprego principal.


Doutra banda e de acordo á o sexo dos asalariados, o 16,88% dos homes recibiu un salario inferior aos 1.203,79 euros mensuais en 2016, o 46,52% gañou entre 1.203,79 e 2.013,82 e o 36,60% percibiu máis de 2.013,82 euros. Entre as mulleres, a porcentaxe incluída no primeiro dos intervalos (menos de 1.203,79 euros/mes) sobe ata o 43,26%, detectando desta forma unha intolerable brecha salarial.


DATOS CON XORNADA PARCIAL E XORNADA COMPLETA


Así as cousas, en 2016, o 59,51% dos asalariados galegos con xornada parcial gañou menos de 710,69 euros mensuais, o 25,04% entre 710,69 e 1.013,65 euros e, finalmente, o 15,45% restante máis de 1.013,65 euros mensuais. Pola contra, entre os asalariados con xornada completa, a porcentaxe dos que ingresaron menos de 710,69 euros ao mes sitúase no 1,03%.


O colectivo de asalariados con xornada completa representaba en 2016 o 84,68% do total de asalariados en Galicia. O 18,80% destes traballadores ingresou menos de 1.203,79 euros ao mes, o 45,80% entre 1.203,79 e 2.013,82 euros e o 35,40% máis de 2.013,82 euros mensuais.


SEGUNDO O NIVEL DE ESTUDOS


En 2016, case a metade dos asalariados con estudos superiores ingresou máis de 2.013,82 euros ao mes; mentres que o 24,86% das persoas coa educación secundaria de segunda etapa completada ingresaba máis desta cantidade.


Esta porcentaxe sitúase no 11,24% para os que non completaron a segunda etapa da educación secundaria e no 12,15% para os analfabetos ou con estudos primarios. Por último,  o 43,75% da poboación con menor nivel de formación (analfabetos e estudos primarios) percibiu un salario inferior aos 1.203,79 euros.

relacionada As traballadoras españolas traballan "gratis" 54 días ao ano pola brecha salarial
relacionada Demandan un plan feminino de emprego fronte ao avance da brecha salarial

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE