Falece aos 91 anos o pintor ferrolán José González Collado

Era fillo predilecto de Ferrol e insignia de ouro. Adoitaba visitar a diario o seu estudo de Canido.


|

Gonzalez collado ferrolUnha das súas obras doadas. Foto: @mondonedoferrol


O pintor ferrolán José María González Collado faleceu na tarde deste domingo, 7 de xaneiro, tras ingresar horas antes no Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol, tras sufrir unha caída á primeira hora da mañá.


González Collado tiña 91 anos de idade e deixa unha importante obra pictórica, desenvolvida durante toda unha vida dedicada á arte, cun gran número de cadros da súa autoría, moitos dos cales pertencen ao Concello de Ferrol, do que era fillo predilecto e insignia de ouro, e ao que tamén a administración local lle dedicou un parque en Canido, onde tiña o seu estudo, que adoitaba visitar a diario.


En febreiro de 2017, González Colladodoou as súas obras de arte relixiosa á Diocese de Mondoñedo-Ferrol, concretamente 76 cadros ao óleo e acuarela. Por aquel entón asegurou que esa doazón lla realizaba á igrexa por ser esta "a única institución que era capaz de conservar este legado".


A capela ardente de González Collado atópase instalada no Tanatorio San Lorenzo, no lugar de Catabois.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE